Cidade versus aldea, ou como non renegar das nosas orixes. Iso foi o que nos impulsou a recomendar esta lectura ao alumnado do noso Centro, de cultura urbana na súa maioría, e o primeiro tema que saíu a relucir no debate que mantivemos antes das vacacións. Nun principio, as alumnas pretendía amosar una especie de afastamento cultural, intencionado as máis das veces, co cal non recoñecer que gran parte delas segue a ter aldea propia e familiar e que a nosa cultura continúa a ser labrega, como puideron confirmar trala lectura do Tonecho.
Algo que quedou claro foi que o amor pola natureza e a solidariedade entre as xentes estaban máis arraigados na aldea, que a tradición non só mandaba nisto senón tamén na memoria e de aí a importancia de recoller as historias que contan os nosos maiores antes de que se perdan: os mitos e as lendas de Galicia, pero tamén os acontecementos reais, como o do home-lobo de Allariz, aqueles sucesos que levaron ao noso autor a escribir este libro.
Pasado e presente, en suma, que se mezclan na figura do protagonista, pero tamén futuro porque na aldea globalizada na que vivimos xa ningún neno é distinto a outro.