Mostrando entradas con la etiqueta Xenofobia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xenofobia. Mostrar todas las entradas

martes, 16 de enero de 2018

SWEET SIXTEEN, de Annelise Heurtier


Baseada nos Nove de Little Rock (Arkansas), nos anos 50 en Estados Unidos, narra un mesmo feito, a integración dos rapaces de cor nos institutos do sur de EE:UU, dende as perspectivas de dúas rapazas de dezaseis anos, que pese a habitar na mesma cidade, viven mundos completamente distintos. Grace é unha rapaza de boa familia, cunha vida fácil e resolta, cuxo maior problema son os estudos, a súa apariencia e a popularidade. Por outra banda temos a Molly, que vive cada día as discriminacións típicas da época contra a xente negra, que ten que soportar ser menospreciada constantemente, e non ten permido mesturarse co resto da sociedade.

Sin embargo, están destinadas a coñecerse dende que Molly se presenta voluntaria para un proxecto, que trata de igualar a educación para ambos enviando a unha escola de brancos a un grupo de rapaces negros. Así, durante todo o verán, Molly, igual que o resto dos seus compañeiros sofre numerosos insultos e ameazas. Finalmente, a pesar de todos os esforzos de outra xente para evitalo, chegan á escola, pero incluso ahí sofren gran cantidade de abusos por parte dos seus compañeiros. Sin embargo, Molly é capaz de obter a forza necesaria para seguir adiante, pensando o gran paso que ese xesto significa para os seus dereitos e os de miles de persoas máis.

Pola súa parte, co comezo da escola, Grace segue coa súa vida cotiá, e intentando constantemente de conquistar ao irmán dunha das súas amigas. Eso sí, prestando atención ao mal trato que reciben os novos compañeiros, cousa que lle chama atención, pois a pesar do desprezo que lle foi inculcado, non é capaz de entender a qué se debe ese odio contra persoas que non fixeron nada malo. Segundo vai pasando a historia, e ao presenciar a situación tantas veces, decide apoiar á causa con pequenos xestos como unha sonrisa, ou tan só un simple hola, pero que leva a contraria aos pensamentos racistas do resto de persoas, pero ao final da historia sofre as consecuencias.

Este libro, que está baseado nunha historia real, fíxonos pensar que aínda hoxe moita xente sofre ataques racistas, únicamente debido á cor da súa pel. Pero, fai pouco máis de cincuenta anos, non se reducía aos ataques verbais, e a veces incluso físicos de certas persoas, senón que era un acoso e marxinación levado a cabo por todo o resto de persoas. Molly ensinanos o importante que é a loita polos dereitos e pola igualdade, ademáis dunha inxustiza que foi real fai tempo. Con Grace, decatámonos da importancia que ten un só xesto a favor dunha causa, e que o maltrato non debería ser aceptado contra ninguén, sin importar se é da nosa nacionalidade, xénero, cor de pel…


 Por Alba, 4º ESO

miércoles, 21 de diciembre de 2016

Matar a un ruiseñor, de Harper Lee

Esta semana no club de lectura tivemos a marabillosa oportunidade de ler unha das novelas máis incribles do século XX: Matar a un Reiseñor, de Harper Lee. En xeral a todos gustounos este libro debido a que se critican posturas como o racismo ou a inxustiza. 

No libro, Atticus Finch é un avogado que vive nunha pequena cidade do Alabama dos anos 30. É viúvo e pai de dous nenos pequenos. A pesar do ambiente racista que se respira no pobo, Atticus decide defender a un mozo negro da acusación de violar a unha muller branca. Simultaneamente a esta historia, os fillos de Atticus (a pequena Scout, narradora da historia, e o seu irmán Jem) investigan ao seu modo sobre o seu misterioso veciño Boo Radley un mozo enfermo mental que viviu encerrado durante anos e ao que ninguén viu desde que era pequeno. Todo o que rodea a Boo está cuberto por unha aureola de misterio. A todo isto Atticus vai ensinando á pequena a non xulgar á xente polas aparencias e a tratar a todas as persoas sen prexuízos. 
A figura de Atticus Finch é o arquetipo de home xusto e coherente, e de bo pai, que sempre fai o que considera que é o seu deber, a pesar das dificultades. No libro que lemos, entrevese que co tempo Scout soubo descubrir o gran home que foi o seu pai, e ao que quizais (por ser unha nena aínda) non sabía valorar entón. Non esquezamos que esta novela presenta resgos autobiográficos da autora. 
No club, a historia fascinounos a case todos, sobre todo polo papel do protagonismo, ao ser capaz de “ir en contra corrente” nunha sociedade machista, desigualitaria e opresora como era a dos estados sureños dos EEUU da época.
Por Daniel Rguez, 1º BAC