Ao autor deste libro gústalle a comedia clásica norteamericana, salta á vista. Temos una parella de atracadores ao estilo de Jack Lemmon e Walter Mathau, os dous bastante paiolos, que pasan o rato facendo xogos de palabras nunha competición absurda. Temos, coma non, un cuñado tacaño que é banqueiro, unha alcaldesa, una rapaza de bon ver, e un atraco onde ninguén é o que parece. O banco semella o camarote dos irmáns Marx con tantas idas e vidas. E todo iso ben remexido para resaltar os abusos da banca en época de crise. É ben sabido que non hai nada como a risa en tempos incertos.
Manuel Núñez Singala é un bon filólogo e un gran comediante, non cabe dúbida. Demóstrao na escena do cambio lingüístico para parecer un malote das Rías Baixas, amoreando seseos e gheadas. Nin o mesmo Aristófanes. Había moito tempo que non me rira tanto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario