As Estantigas I disfrutamos coa lectura do Usha ata o punto de
identificarnos coa protagonista como representante de todos os pequenos/-as que
viven lonxe do seu país de orixe (como é o caso de varios membros do noso
grupo). A discriminación da muller, o racismo e a intolerancia foron os grandes
temas a debate, sustentados na nosa firme
convición de que a educación en igualdade é a única solución para unha
convivencia en común.
Chegamos á conclusión de que o amor resulta ser o fío condutor da historia,
non só polo que respecta ás persoas (a nena, a nai, a amiga, o pai ausente…)
senón tamén o amor á terra, á lingua, á paisaxe…en fin, un libro de amizade e de
mulleres fortes, de culturas diferentes e
de reivindicación da liberdade de elexir.
As rapazas realizaron novas portadas para o libro:
As rapazas realizaron novas portadas para o libro:
No hay comentarios:
Publicar un comentario