Mostrando entradas con la etiqueta Tanya Lloyd. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tanya Lloyd. Mostrar todas las entradas

domingo, 27 de mayo de 2018

Ojos y espías , de Tanya LLoyd

Imaxina que es unha persoa que intenta (necesita) pasar desapercibido: un perseguido pola xustiza, un espía, un axente encuberto, etc. Pois ben, anos atrás isto sería pan comido: tres pasaportes falsificados con distintas nacionalidades, varias partidas de nacemento de diferentes parroquias e mesmo credos, dúas perrucas e un bigote, algunas matrículas falsas de coche…e listo. 

 Pero neste mundo da era dixital (que vén ao caso dado que digitum significa dedo, e así é como nos sentimos todos constantemente: baixo a éxida dun índice acusador) tal obviedade parece unha verdadeira quimera.

 Porque existe o dereito á intimidade. Ou vai ser que non, xa que nin a persoa máis rica do mundo, ou a máis poderosa, pode nestes tempos manter oculta a súa identidade, a súa casa, a súa familia, os seus gustos e aficións, a súa vida… 

 Conseguir todos os teus datos é tan fácil que dá medo: están nas redes sociais (se non os metiches ti, xa se encargou o teu amigo, ese cretino ignorante que non ten un dedo de frente -véxase supra digitum- , ou a túa tía-avoa que acaba de mercar un cacho iphone e anda a ensinar a tododios o feitiños que son os seus sobriños… e de paso onde viven, fotos do colexio, lugar de vacacións, etc). E recorda: o que publicas na Web, queda aí para sempre. 

 Por outro lado, o teu Smartphone é un dispositivo GPS que rexistra automaticamente a túa ubicación en todo momento, e vai gardándoa a conveniencia. Calquera, e digo calquera (tamén os teus pais, babiola) poden saber onde andabas esa noite de graduación coas túas amigas (que en realidade chamábase Xosé Manuel e era do Masculino) ata altas horas da noite.

 E por último están os rastreadores, que recolectan información sobre as páxinas que visitas e sobre os teus dispositivos. Así elaboran un perfil detallado sobre ti e o que che interesa, para despois vender esa información a empresas de publicidade ou mesmo a gobernos e corporacións. Así poderán tervos controlados, adiantarse aos vosos gustos e necesidades, ou investigarvos antes de ser contratados ou tras un despido. E as autoridades sábeno e non fan nada.

 Non estamos en boas mans, rapaces, tédeo por seguro. Así que espabilade, informádevos. Pódense facer moitas cousas para salvagardar a nosa vida privada, por exemplo ler e recomendar a lectura de Ollos e espías de Tanya Lloyd ou de 1984 de George Orwell, esta última unha novela de 1949 na que recoñecemos esa ditadura moderna do Gran Hermano que todo o controla. 

 Podes consultar a páxina do Instituto Nacional de Ciberseguridad de España: Ou esta: https://privacidadglobal.com/seguridad-internet-menores/

martes, 20 de marzo de 2018

Ojos y espías, de Tanya Lloyd

Este libro divulgativo, de Tanya Lloyd Kyi, resume a situación de vixiancia dixital que se vive cada vez que unha persoa, cando nós, subimos unha fotografía nunha rede social ou no momento que prememos nun anuncio en Youtube, nun vídeo que nos interesa.
 Non vos preguntades que fan as empresas informáticas con esa cantidade de datos que acumulan de cada persoa? Ou o fácil que é descubrir a idade, a dirección ou mesmo o contrasinal dos teus correos? O libro, cóntanos ou mellor infórmanos e prevén de todos os perigos, non só os visibles, que se atopan na Internet.
 Grazas a el o noso club de lectura aprendeu o importante que é informarse sobre as cousas que nos rodean, aínda que sexan coñecidas, por iso recomendamos a cada persoa que posúa unha conta aínda que sexa de Gmail que o lea e goce aprendendo.
 Aquí vos deixo este vídeo coas dez claves para usar a internet con seguridade.


 
Por Niulka, 3º ESO