Mostrando entradas con la etiqueta Contos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Contos. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de junio de 2021

Horror. Rebelión en la huerta, da autora Madlena Szeliga e a ilustradora Emilia Dziubak

 

     O libro titúlase Horror e iso xa o di todo. Estamos ante una novela de misterio y de terror: hai un asesino, unha vítima, un móvil, un fatal desenlace… E, sen embargo, trátase de froitas e verduras.

´
     Ata este momento non nos decatáramos de que quizais as plantas teñan un sistema neurolóxico, sentimentos, dor. Podería padecer de humillación o reino vexetal? Temos a absoluta certeza de que Madalena Szeliga, a autora, así o cre. Podemos dicir que neste libro asistimos boquiabertos aos asesinatos máis crueis da historia da humanidade – hai uns 600 millóns de vexetarianos- aínda que as fermosas ilustracións de Dziubac intentan que o esquenzamos. A parodia de Horror é burlesca pero sincera. Cun humor sarcástico, denuncia a terrible explotación dos recursos da Terra e fainos desconfiar dun mundo que tira á basura toneladas de alimentos cada día e permite que enormes extensións de bosques sexan arrasados para que grandes terratenentes se enriquezan. Non hai dereito! Vivan os vexetais libres!!!

lunes, 18 de enero de 2016

La ciudad roja y rosa, de C. Frabetti


 É  un libro do autor italiano Carlo Frabetti. Este escritor, actualmente residente en España, é membro da Academia de Ciencias de Nova York, ademais de escritor e matemático. Publicou durante a súa carreira máis de trinta libros, destinados tanto a nenos e mozos como a adultos. Dous das súas novelas máis destacables son La magia más poderosa e Los jardines cifrados (novela anterior a esta, de estrutura e temática similar).

Foron escritos xa todos os versos posibles? Como poden minguar as cidades dunha muralla a medida que esta crece? Ten Alá un centésimo nome? Pódese considerar a lectura unha actividade degradante? Pode alguén abrazarse a si mesmo se a súa imaxe especular adquirise realidade corpórea? Estas só son algunhas das preguntas que se expoñen en cada un dos 43 capítulos deste libro, onde todos os temas tratados teñen que ver con ramas da ciencia ou datos interesantes de cultura xeral cuxas explicacións se expoñen de maneira sinxela, combinando literatura e ciencia e facendo que o lector se pare a reflexionar sobre os temas tratados.

Persoalmente gustoume moito este libro, podes aprender moitos datos e razoamentos novos, ademais de que os enigmas que nel se expoñen son bastante interesantes, o que fai que queiras seguir lendo o libro e non resulte pesado.
Por Alba L., 1º BAC

domingo, 6 de abril de 2014

Exogamia 3.0, de Ramón Caride



En Exogamia 0.3, Ramón Caride, un profesor de bioloxía, narra en seis breves relatos un futuro marcado polo triunfo do neoliberalismo e, como consecuencia, polas desigualdades económicas e sociais, afondadas co desenvolvemento da biotecnoloxía, así como polo afán de poder e o consumismo máis esaxerado. Esa sociedade futura presenta un mundo arrasado que, para pervivir, debeu evolucionar moi rapidamente recorrendo á biotecnoloxía, pero tamén a un incremento dos desequilibrios entre ricos e pobres.
Cando nos reunimos no club de lectura dos maiores para falar deste libro a discusión pronto derivou cara os conflitos éticos que podían extraerse da lectura. Os rapaces criticaron sobre todo, amosando unha gran capacidade de análise, o feito de que puidese existir unha pastilla para esquecer os recordos máis dolorosos, para eles iso modificaría quen ti eras, xa que, pensaban, tódalas túas vivencias conforman a personalidade e por iso non entendían que alguén quixese “resetear” á súa memoria.
Na reunión relacionamos un dos relatos do libro coa película, de 2005, La Isla, protagonizada entre outros por Ewan McGregor e Scarlett Johansson. Se non a vistes e queredes saber dela premede no enlace para poder ver un resumo do argumento. Se non a vistes e queredes saber dela, premede no enlace para poder ver un resumo do argumento.

 
E se queredes saber algo máis sobre o futuro da biotecnoloxía podedes visualizar este brevísimo  video:
 

martes, 2 de abril de 2013

El reloj mecánico, de Ph. Pullman

Escuro libro El reloj mecánico, segundo as alumnas das Estantigas, aínda que tamén atraínte e enigmático. Gustoulles moito ese encadeamento das historias, a intriga envolvente como as pezas dos propios reloxos. Un mundo cheo de personaxes violentos, seica o demo en persoa, pero contarrestado por naturezas benévolas co amor como bandeira. Un abano de cores, dende o vermello sangue ao verde esperanza.