Mostrando entradas con la etiqueta Búsqueda da propia identidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Búsqueda da propia identidade. Mostrar todas las entradas

viernes, 21 de diciembre de 2018

Rojo, historia de una cera de colores, de M. Hall

 Portada  do libro: Rojo, una historia de colores. Imaxe dunha cera azul que leva pegada unha etiqueta que dice:”rojo”

    “Rojo”  é unha cera moi rara. Encántalle pintar e pintar e pintar.  Pero algo estraño ocorre … Todo o que con tanta ilusión e coidado debuxa, no papel aparece de cor azul!   O seu mestre intenta axudala a pintar de cor vermello («Imos a pintar amorodos!», e os amorodos saen azuis), a súa nai intenta axudala a ser de cor vermello mandándoa a xogar cunha compañeira de cor amarelo («Ide   pintar unha bonita laranxa!» e a laranxa sae verde).

    No noso Club de Lectura, unha rapaza afirma: O PROBLEMA ESTÁ  NA ETIQUETA!

    As tesoiras intentan axudala a ser de cor vermello cortando un pouco a etiqueta para que poda respirar con máis liberdade. Pero Rojo non é feliz. Non hai maneira de que pinte vermello, aínda que o intenta con todas as súas forzas. Pero un día unha nova amiga  invitouna  a pintar un océano e entón  Rojo descubriu  o  que xa sabiamos nós:  ela é  azul! 

    Estivemos pensando e pensando. Pensamos que as etiquetas poden facer moito dano ás persoas. Pensamos que debemos aceptarnos como somos, e non intentar ser como os demais pretenden que sexamos. Pensamos que ser diferentes non é malo nin é un defecto …


   E despois de tanto reflexionar, decidimos chegar a un acordo: Os rapaces e rapazas do Club de Inclusivo de Lectura nunca poñeremos etiquetas a outras persoas, e tampouco aceptaremos que nolas poñan a nós. Non nos credes? Velaí o noso compromiso:

Imaxe das mans dos e das integrantes do Club tirando as etiquetas ao lixo

   Club de lectura inclusiva