Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Historia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 12 de junio de 2024

Enderezo descoñecido, de KRESSMANN TAYLOR

 1932. Os dous amigos Max Eisenstein e Martin Schulse envíanse cartas para falar da galería de arte en California da que son propietarios, así como dos seus negocios no mundo da arte. Max é xudeu residente en Nova Iork, e Martin acaba de trasladarse á súa nación de orixe, Alemaña, coincidindo coa creación e auxe do partido nazi. Malia ter una grande relación de confianza, os ideais antisemitas penetrarán pouco a poouco na mentalidade de Martin e deteriorarán a súa amizade con Max en cada carta.

A valoración global que fixemos no clube de lectura de 1º de BAC sobre esta novela de apenas 70
páxinas foi moi positiva. Parécenos un moi bo reflexo de cómo as palabras dun führer poden calar tan fondo nunha poboación inxenua. A evolución da personaxe de Martin é, ademáis de rápida, radical. En pouco máis de tres cartas pasa de respectar aos xudeus a mostrar odio cara eles, argumentándolle a Max que son un pobo que só mira polos seus propios problemas, que se lamenta, que non é abondo para defenderse só… Ademais, tamén entra en xogo a personaxe de Griselle, irmá pequena de Martin. É unha actriz nova que intenta conseguir papeis en obras de teatro, e despois de probar sorte en Viena decide trasladarse a Alemaña para facer o mesmo. Con todo, a súa orixe xudea e o clima de inestabilidade política dificultan a súa seguridade, unha seguridade pola que Max se preocupa pedíndolle desesperadamente a Martin nunha das cartas que a acolla na súa casa.

Katherine Kressmann Taylor, malia que para publicar este libro tivo que asinalo elidindo o seu nome de muller, viu a súa historia censurada polo Reichkommisar. Entre os motivos que a levaron a escribir Enderezo descoñecido, Katherine destaca nun dos seus escritos o feito de que non comprendía o cambio que producía o “veleno nazi” nas persoas. Por se fose pouco, por aquela época os estadounidenses estaban desinformados dos estarrecedores sucesos que tiñan lugar no Terceiro Reich.

Dinámica, breve e moi fácil de ler, esta novela epistolar convírtese nun clásico cunha importante mensaxe que perdura ata o día de hoxe.

Por Lucía, 1º BAC

jueves, 14 de marzo de 2024

Guárdate de los idus, de Lola Gándara

 Guárdate de los Idus é unha obra que nos transporta á Roma antiga, nunha época chea de intrigas,


conspiracións e figuras históricas emblemáticas. A autora ofrécenos unha visión íntima e vívida dos días previos ao fatídico 15 de marzo, o famoso día dos Idus de marzo, no que Xulio César foi asasinado.

A historia segue a Lucio, un mozo patricio que se ve atrapado no bulebule de eventos que sacoden Roma neses días cruciais. A través dos seus ollos, o lector experimenta a tensión, a traizón e o sentido de fatalismo que impregna a atmosfera da cidade. Lucio é un personaxe co que é fácil identificarse: a súa lealdade, dúbidas e medos reflicten as complexidades humanas daqueles que viviron en tempos tan tumultuosos.

Lola Gándara demostra un profundo coñecemento histórico, e isto reflíctese na precisión coa que describe a vida cotiá en Roma, así como nas dinámicas políticas e sociais da época. Os escenarios están magníficamente detallados, desde os maxestosos edificios do Foro ata os recunchos máis escuros e perigosos da cidade.

Un dos puntos fortes da novela é como humaniza a personaxes históricos, presentándoos non só como figuras de poder e lenda, senón como seres humanos con motivacións, medos e desexos. A figura de Xulio César, por exemplo, é tratada cunha complexidade que vai máis aló do simple relato histórico, permitindo ao lector entender mellor as súas accións e decisións.

A tensión narrativa mantense constante ao longo da novela. Desde o principio, sábese que algo terrible está por suceder, e esta anticipación mantén ao lector coa intriga. Os diálogos son áxiles e realistas, contribuíndo a construír unha trama que se desenvolve cun ritmo adecuado, sen perder intensidade.

 Esta obra non é só unha novela histórica; é tamén unha reflexión sobre o poder, a ambición e as consecuencias das nosas decisións. A autora convida o lector a considerar como os eventos do pasado resoan no presente e como as decisións individuais poden ter repercusións que transcenden o tempo.

En resumo,  é unha lectura apaixonante para os amantes da historia e a ficción histórica. É unha novela que non só informa, senón que tamén entretén e provoca reflexión.


domingo, 20 de junio de 2021

El odio que das, de Angie Thomas


 É un libro que fala principalmente do racismo e do movemento “Black Lives Matter”.

A súa protagonista, Starr, ve morrer ao seu mellor amigo Khalil a mans dun policía. A partir de ahí comeza unha loita interna consego mesma, rememorando unha e outra vez a escena, culpándose a sí mesma de que os detectives non crean que o seu compañeiro sexa culpable ou aguantando ter que oír que Khalil era traficante.

Pero, ademais, este libro conta con unha subtrama na que se fala sobre as pandillas e os traficantes no barrio de Starr. O seu propio pai é un expandilleiro que, coa pouca influencia que lle queda, consegue protexer aos seus fillos. Por último tamén destaca o tema do abuso doméstico na familia dun pandilleiro, que agrede á súa muller e ás súas fillas.

É increíble a vida tan distinta que tes que sufrir por non ter a pel clara, que teñan que enseñarte a como debes comportarte ante un policía armado e que, ademais, as persoas que te discriminan sexan responsables da túa situación.

Por María, 4º ESO

martes, 25 de mayo de 2021

De ratones y hombres, de J. Steinbeck

 

Con De ratones y hombres, a adaptación da novela de John Steinbeck que realizou a ilustradora francesa Rébecca Dautremer, pechamos por este curso a andaina do club de Literatura e Imaxe. 

 En De ratones y hombres, retrátase a miseria das clases baixas e o interior dos EE. UU. nos anos 30, durante a Gran Depresión. Lennie Small, un home grande e con discapacidade intelectual e George Milton, o seu “protector”, pois é intelixente e observador, percorren California na procura dun traballo. Teñen soñor, mercar unha terra da que sobrevivir. Finalmente son contratados nun rancho e a súa vida e os seus soños complícanse máis do que imaxinaban.
 A novela gráfica, maravillosa e de gran forza visual, encantounos a todas. Algunhas leran a novela orixinal de Steinbeck, e a versión de Dautremer fíxolles entender a historia doutro xeito, porque as ilustracións dos personaxes e do contexto: burdeis, ranchos, paisaxe, son tan expresivos como a magnífica narrativa de Steinbeck. Chamounos moito a atención, precisamente o uso que da cor fai a autora, pois predominan os azuis, vermellos e brancos, iso si moi matizados e escuros, a ton coa narración, que nos recordaron dalgunha maneira á bandeira dos EE.UU. 
 Por outra banda, a novela fíxonos reflexionar sobre a Depresión, non só a dos anos trinta, senón tamén a de agora, ou máis ben a que vimos arrastrando dende 2008. De como as crises sacan o mellor e o peor do home, como empuxados pola desesperación de buscar unha vida máis fácil, podemos desprazarnos a longas distancias, no caso da novela, ou mesmo a outro país, no caso de moitas das que compoñemos o club. Da incomprensión, do desarraigo, pero, tamén, da esperanza. 
 En definitiva, animámosvos a que leades esta historia, tanto no seu formato orixinal, como na adaptación de Dautremer, porque ambas son excepcionales. 
 Por Ada (1º de BAC)

miércoles, 19 de mayo de 2021

A granxa dos animais, de G. Orwell

 Rebelión na granxa é unha fábula de animais que comeza na Granxa Manor, na que o seu dono, o señor Jones, fai traballar a todos os animais e dálles o mínimo para mantelos. Razón pola que o Vello Maior, un porco de avanzada idade,dá un discurso inspirador no que impón o seu profundo ideal de xustiza, pois o seu soño era converter aos seus compa;eros en seres libre e ricos.


Discurso co que se iniciaría unha revolución.Pero,desgraciadamente, aos días morre, deixando á porcos Bóla de neve, Squealer e Napoleon ao mando.Os cales crearán o pensamento denominado como Animalismo ((...) catro pernas, bo; dúas pernas, malo (...) ).

Así,a causa do novo réxime, os animais comezaron a realizar asembleas ás agachadas para discutir os asuntos importantes.Asemblea na que se planificou a gran rebelión.

Un día, o señor Jones bebeu de máis e esqueceuse de darlle para comer aos animais.Razón pola que se abriu o principio dunha nova era. Os animais, ante a fame e a inxustiza, uníronse e fixeron unha gran revolución expulsando aos humanos da granxa.

No club de lectura este libro gustou bastante, pois axudou a ver unha parte da historia rusa dunha forma mais clara e realista.

Por Kelly, 4º ESO

martes, 9 de febrero de 2021

14 de J. Echenoz


Este libro trata a historia dun combatente francés da Primeira Guerra Mundial, Anthime, que ve como unha loita que se pensaba que duraría pouco, acaba transformándose nunha das maiores traxedias do mundo. 
Mentres compartíamos opinións, coincidimos en que a maneira que ten o autor de narrar a diferenza entre o antes e o despois da vida do protagonista é increíble. A maneira en que describe a horrible vida nas trincheiras ou a dor que persigue aos personaxes incluso cando conseguen volver a casa parece moi achegada á realidade. A todos nos pareceu un libro que describe moi ben as loitas psicolóxicas dos soldados, ademais da crueldade da guerra, que non distingue a ninguén.

 Por María, 4º ESO

miércoles, 20 de enero de 2021

Del color de la leche, de Nell Leyshon

 



Es un libro que demuestra la vida que tenía una niña en una granja. Este es un libro que refleja los problemas de la gente antiguamente, ya que se puede apreciar como la niña pasa de una vida mediocre con su familia a una vida media para después pasar a una vida poco digna.

Es un libro realista, ya que no tiene ningún elemento mágico y refleja la realidad. A pesar de que esa realidad es un tanto cruel.

Por Antía, 4º ESO


lunes, 13 de mayo de 2019

Jonas Fink, de V. Giardino

Esta novela gráfica de  Vittorio  Giardino móstranos a historia do mozo  Jonas  Fink, fillo dunha familia burguesa xudía da  Checoslovaquia de 1949. Aos doce anos a súa acomodada vida vese interrompida cando o seu pai é detido, supostamente acusado de conspirar contra o réxime comunista.
A partir de entón vese a repercusión que este suceso ten na vida do mozo  Jonas, que crece vendo como gran parte da sociedade rexéitao. Algo xa máis maior comeza a traballar nunha librería, onde se reencontra  co seu amigo da infancia. 
Este convídao a unirse a un grupo de mozos revolucionarios que leva a cabo actividades prohibidas polo réxime, tales como a lectura de obras censuradas. Aquí,  Jonas coñece por primeira vez o amor, grazas a  Tatiana; e o desamor, cando esta abandona o país xunto aos seus pais, sendo a primeira do grupo en separarse.
Pero anos máis tarde todo o grupo se  reúne de novo, xusto a tempo para presenciar a invasión do país por parte da Unión Soviética. Con todo, cada un deles opoñerá resistencia á súa maneira,  o que dará lugar a feitos desafortunados.
Trátase dun libro que foi ben recibido no club, tanto pola calidade dos debuxos, que non fan máis que mellorar desde o inicio, como pola historia e os seus matices, que mostran a situación popular durante o réxime comunista e a repercusión de importantes sucesos históricos. Ademais, permitiunos comparar ideoloxías aparentemente distintas, entre a nazi do libro anterior e a comunista deste. No fondo, démonos conta de que ambas teñen moitos elementos en común.
Por Alba P.,1º Bac

miércoles, 27 de marzo de 2019

El orden del día, de E. Vuillard

   Desta vez no clube de lectura de cuarto e primeiro de bacharelato realizamos a lectura do libro El orden del día de Éric Vuillard que está ambientada no período de Entreguerras, no ano 1933, momento no que os nazis chegaron ao poder.
    O libro cóntanos como nunha reunión secreta Hitler consegue o apoio económico dos industriais alemáns e a partir dese momento comeza o seu plan para poder “anexionarse” a Austria facéndose cos favores dos ricos e dos ministros europeos. Ademais móstrase como mediante enganos e estratexias finalmente os nazis se fan co poder. 
   Finalmente aínda que grosso modo a opinión dos integrantes do club de lectura non foi moi positiva, xa que dixeron que non estaban acostumados a realizar este tipo de lecturas como neste caso unha novela histórica, e que a narración era moi lenta e as descricións moi pesadas, o libro ilustra perfectamente a situación da Alemaña nazi.
Por Alejandra, 1º Bac

jueves, 28 de febrero de 2019

A granxa dos animais, de George Orwell

   Esta novela, escrita por George Orwell, cóntanos a historia dun grupo de animais que expulsan aos donos humanos da granxa. Deciden crear unha sociedade xusta e igualitaria. Pero a aparición de autoritarismos vai complicalo.
   En xeral, a todos os do club gustounos a obra. O que máis chamou a nosa atención é a recreación que fai o autor da Revolución Soviética e a ditadura estalinista nesta sublevación de animais. A sátira está moi presente, o autor critica con ironía estes acontecementos. 
   Observamos tamén unha forte desaprobación a Stalin e o seu abuso do poder. No club mencionamos que George Orwell era un comunista convencido, e contrario a calquera ditadura.
   A historia permítenos ver a transformación dun a priori estado igualitario, nunha tiranía por parte de quen manexa o poder.
   Se falamos dos personaxes, a maioría representan unha figura coñecida ou unha clase social da Revolución. Atopamos facilmente a Lenin,  Trotsky e Stalin; tamén sectores da poboación como a policía ou os campesiños. Son personaxes ben construídos, e con moitos deles  empatizas.
   Doutra banda, o estilo do libro é sinxelo e de fácil comprensión. Desde o principio engancha e déixache con ganas de continuar lendo.
   O final sorprendeume, pero é idóneo para a novela e deixa bo sabor de boca. 
   En conclusión, recomendo moito esta lectura. Ademais de ser amena e divertida, aprendes historia con ela. E aínda que narre feitos pasados, as ansias de poder sempre serán un tema de actualidade.
Por Alba L. (1º BAC)

martes, 15 de enero de 2019

14, de J. Echenoz

    Comezamos esta historia montando en bicicleta un sábado de verano de 1914.  O día pinta nubrado e con vento. Lonxe vese a silenciosa e calmada vila na que se poden vislumbrar algúns destellos de luz rebotando coas cubertas metálicas das casas.
    Non sabemos ainda o que nos espera. Pero como nos, tampoco saben nada os miles de xóvenes que sen pensalo demasiado estanse a alistar na guerra ese mesmo día.
14 conta a historia da incursión de Anthime, Charles, Padioleau, Bosses e Arcenel na Primeira Guerra Mundial. Cada un a vive ao seu xeito pero ninguén a disfruta, como tampouco non o fan os que a viven desde fora.
    O inicio marcarano as campás, as longas camiñadas, as novedosas metralletas e o uso de gases, e o final... O final rematará como xa nos ten acostumados este tipo de situacións; morte, masacre e destrución.
   Dende este clube histórico-literario do IES Xoán Montes queremos recomendar a todo o mundo esta lectura non só pola súa calidade técnica senón tamén pola reflexión que se pode extraer dela. Ademais, en xeral gustounos moito o estilo deste autor así como a atmósfera realista que presenta nesta historia; incluso houbo xente que contou algunhas anécdotas relacionadas coa guerra que viviron algún dos seus familiares. Segundo a nosa visión non hai nada tan estúpido como a guerra.
Por Enrique, 1º BAC


martes, 30 de octubre de 2018

El corazón de las tinieblas, de Miquel&Godart

      Na primeira reunión deste novo club que relaciona historia e literatura, limos unha adaptación libre realizada polo guionista Stéphane Miquel e o Debuxante Loïc Godart da novela 'El corazón de las tinieblas', escrita por Joseph Conrad no século XX. Narra a viaxe do mariñeiro Charles Marrow dende Londres ata o centro do Congo, levado polas ansias de coñecer a Kurtz, un dos máis significativos comerciantes de marfil da época. Conrad busca facer, mediante esta viaxe realizada polo seu protagonista, unha forte crítica á brutalidade do imperialismo occidental e á crueldade dos colonos cos nativos, os cales eran considerados inferiores e obrigados a facer traballos forzados. O relato foi inspirado no medio ano que pasou o autor nese mesmo lugar, xa devastado pola colonización do rei de Bélxica Leopoldo II.
Esta obra incitouno a facer unha importante reflexión sobre a escasa liña que separa a civilización da barbarie e loucura provocadas pola ambición desmesurada reinante no colonialismo europeo en África. Ambición que obrigou aos nativos a vivir en estado de sumisión absoluta respecto aos forasteiros. A pesar de ser unha novela gráfica con debuxos que axudan a entender a situación na que se sucede a trama, a complexa linguaxe utilizada nesta dificulta a súa comprensión e pode chegar a ser un problema no disfrute da historia, aínda que a nós gustounos e impactounos como unha novela gráfica é quen de resumir e dar a entender a situación que o Imperialismo europeo creo nos países dominados.
Por Carlota, 1º BAC

sábado, 2 de junio de 2018

El polizón del Ulises, de Ana Mª Matute

   
En 2014 un xuíz arxentino dictou unha curiosa sentencia - eu diría sensata – pola que obrigaba a uns pais a poñer fin ás súas disputas pola custodia dos seus fillos menores. O xuíz determinou que ambos proxenitores deberían ler un día por semana cos seus fillos O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry na Corte de Xustiza, para “recoñecer aos seus fillos como persoas”. Ademais do clásico do escritor francés, tamén terían que ler os Dereitos dos Nenos e A ética para Amador de Fernando Savater.

    Tomamos a broma aos nenos, mandámolos calar, ou peor, pechamos as súas bocas – e de paso o raciocinio – con aparatos electrónicos e realidade virtual. Non falamos con eles, non lles contamos o que pasa nin o que pasou e non lles inculcamos valores (os de sempre, home, que non hai que matarse moito).

   Por iso o libro de Ana María Matute destaca entre todos os que temos lido este ano no Club de Lectura de 1º da ESO. Os personaxes son moi interesantes: un neno abandoado ao nacer, tres mulleres que o crían e un preso. Pero ningún deles son personaxes estereotipados. O neno non ten amigos nin vai á escola, as tías son tres irmáns con personalidades diferentes pero moi alonxadas dos arquetipos da época, e o preso é un tipo rudo de bon corazón.


   As tías educan ao neno en liberdade, pero con límites e deberes. Cada unha delas intenta inculcarlle ao neno o que máis estiman: a cultura, a boa educación e o traballo. Con estes alicerces o futuro estará ben asentado. Se ademais engadimos o amor á natureza e aos animais, a solidariedade e moita imaxinación, esta novela infantil non deixa indiferentes aos lectores.

   Para inculcar valores hai que falar moito cos fillos, procurando velos como interlocutores válidos. A iso referíase aquel xuíz arxentino.

   E se non, os nosos cativos pensarán, igual que O Principiño, aquilo de que “as persoas maiores non poden comprender nunca por si mesmas, e é molesto para os nenos ter que darlles sempre explicacións”.

miércoles, 23 de mayo de 2018

La medición del mundo

A medición do mundo conta a historia de dous personaxes moi relevantes para a historiada ciencia. Un é Gauss, matemático e astrónomo e o outro e Humboldt, explorador, botánico e topólogo. 
 O libro transcurre de maneira intermitente, contando de maneira moi detallada as vivencias de cada un (sobre todo as viaxes de Humboldt polo mundo) para despois nos capítulos finais, que os dous se coñezan e establezan unha relación entre eles. Na historia destes dous personaxes hai un bo contido histórico e biográfico pero tamén existe unha trama que mantén a atención do lector, conseguindo incluso contar de maneira amena termos matemáticos. 
 Na miña opinión é un bo libro, porque retrata moi ben as personalidades tanto de Gauss e Humboldt como dos demais personaxes secundarios. Ademais o autor é quen de transmitir unhas sensacións moi particulares na narración desvelando en ocasións as peores cousas das que somos capaces os humanos. Por todo isto creo que é un libro recomendable, sobre todo para aqueles que queiran aprender un pouco de ciencia e historia a través dunha trama.

 Por Enrique, 4º ESO