Mostrando entradas con la etiqueta Acoso escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acoso escolar. Mostrar todas las entradas

lunes, 24 de febrero de 2020

Thornhill, de Pam Smy

Nesta asemblea do club de lectura de 4º da ESO e 1º de BAC reunímonos para comentar a novela gráfica “Thornhill” da autora Pam Smy. 
 A trama intercala presente e pasado para contarnos unha historia de bullying. Preséntansenos dúas protagonistas femininas con vidas similares: ambas séntense soas e abandonadas e carecen de amizades. A primeira, Mary, é unha rapaza orfa que sofre abusos por parte das súas compañeiras de orfanato. Os seus únicos momentos de paz son aqueles en que confecciona as súas marionetas, as cales son as súas únicas amigas. A súa historia coñecerémola a través dun diario. Despois está Ella, cuxa historia coñeceremos a través de ilustracións. Ao comezo da novela múdase preto do orfanato; xa abandonado. Dende ahí irá descubrindo a vida de Mary... 
 Ao comezo, a trama avanza lentamente e dásenos tempo de coñecer os personaxes, o cal foi bastante acertado en canto a que amosaba de forma realista o que sofre unha vítima de bullying. Achegándonos ao final a historia decae, xa que se sinte moi precipitado e pouco argumentado. Un factor moi importante da historia foron os adultos, que se mostran ausentes e carentes de empatía. Algúns, como a profesora ou Kate, ven o que está a pasar, pero deciden non inmiscirse porque Mary nunca pide axuda e non queren problemas. Tamén destaca o pai de Ella como unha figura adulta ausente. Isto sustenta, de certa forma, a decisión final dela. Por último, fai falta mencionar á acosadora, quen ten unha trama inconclusa. Porén, esta foi unha decisión acertada, xa que deixa lugar ás interpretacións que lle queira dar o lector; sen enaltecer ou condenar a ninguén.
 En resumo, a obra tivo un bo comezo, mais foi decaendo conforme se achegaba ao seu final. A representación dos personaxes, sobre todo dos adultos, foi un dos seus mellores puntos e axuda a que o lector sinta empatía coa situación que se está a vivir. 
Un libro recomendable para aqueles que ven máis aló da historia.
Rachel, 4º ESO

domingo, 12 de marzo de 2017

Jane, el zorro & yo, de Fanny Brit

Acabamos de ler no club dos pequenos a suxerente obra de Fanny Brit, un alegato contra a soidade e o vacío no que se ven inmersos moitos adolescentes que comparten connosco este mundo cambiante e cruel.
 O que se narra na novela gráfica podería ser considerada como a consabida historia de bulling que vemos cada día nos medios de comunicación. Non obstante, as ilustracións de Isabel Arsenault convirten o relato nunha destacada obra de arte cargada de simboloxía, algo que non pasou desapercibido aos nosos pequenos lectores.
 Os tres personaxes do título, como guías narrativos, mergúllannos en mundos completamente distintos e, con todo, complementarios. Como en A Divina Comedia de Dante, vemos o paso de Héléne, primeiro polo inferno, máis tarde polo purgatorio, e por fin alcanzando o ceo da man dun raposo vermello e de Jane Eyre, dous personaxes literarios, prototipos de intelixencia, valentía e adaptabilidade, xusto o que necesita a protagonista para poder superar todos os obstáculos froito da súa baixa autoestima. De novo a literatura como refuxio e inspiración, tamén no ámbito persoal. O Principiño de Saint- Exupéry lle amosa a esencia das relación humanas, o camiño a verdadeiro sentido da amizade …E despois, pouco a pouco, pequenos retazos de cor en tonalidades pastel ata a explosión cromática final que describe o cambio que se produce na protagonista, esa penosa metamorfosis vital que significa a perda da inocencia, o abandono da infancia para tomar as rendas da túa propia vida.


Visualmente, a ilustración resulta cautivadora e significativa. O debuxo en blanco e negro no principio, a medio camino entre a luz e a oscuridade, reflexa os sentimentos da pequena e a súa vida diaria triste e gris. Entre medias, a lectura de Jane Eyre, ela sempre de negro pero con toques de cores cálidos no fondo, que simbolizan a paixón e a súa determinación. Por último a raposa, de vermello brillante, como símbolo de enerxía e poder, un animal que se achega a Hélène, que non a desprecia como os humanos, que como en

Don't be a bully, loser. from Emanuele Colombo on Vimeo.

lunes, 14 de noviembre de 2016

Nata y chocolate, de A. Borras

 







Ver a vida dende o punto de vista dos alumnos acosados, obrigados e obrigadas a compartir tempo e espacio cos seus agresores mentres todos os demais (incluídos os profesores) miran para outro lado. Percibir un día tras outro a escola como un mundo hostil e aos teus compañeiros como salvaxes depredadores. Por que xa non somos empáticos, por que somos incapaces de sentir a dor e o medo nos demais?
 Insultos e agresións cara o diferente, como en Nata e chocolate, nunca se sabe que é peor, se ser pouco blanco ou ás veces demasiado. Nunca se pode compracer totalmente o criterio das persoas que desprecian a outras, dos abusadores, sempre insatisfeitos eles mesmos, sempre inseguros.
Gustounos Nata y chocolate porque ao final reina a cordura, porque hai unha persoa adulta que comprende e presta axuda, porque o grupo ampara á acosada e entre todos logran que por fin a acosadora rectifique a súa conducta. Pero isto correspóndese coa realidade? Somos capaces de identificar o bullying de xeito claro e no seu estado inicial?
Quizais poidamos servir de axuda con esta guía do acoso escolar:

Powered by emaze

jueves, 26 de junio de 2014

O corazón de Xúpiter, de L. Costas



O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas é o último libro que abordamos no club de lectura dos maiores e tamén o que suscitou un debate máis vivo sobre os temas nel tratados. Para os rapaces foi moi fácil identificarse cos personaxes, ao fin e ao cabo forman parte do mesmo microcosmos que eles: o da adolescencia.

Discutiron sobre as razóns de Isla, a protagonista, para confiar nunha persoa como Xúpiter ao que coñece só dun chat. As nenas pensaban que fora un pouco parva, pois “todo o mundo sabe que non te podes fiar de ninguén en Internet”; eles tamén chatean con descoñecidos, pero sen identificarse nin dar pistas de quen son (ou iso din). Tamén discutiron das razóns de Carballo para acosar á protagonista. “Si, deses tamén hai moitos nos institutos”, as rapazas recoñecían ter recibido improperios machistas dalgún rapaz !!!!. Admiraron os personaxes de Anxo e Mar, sobre todo esta última, valente para defender a súa homosexualidade, e tamén para dicir sempre o que pensa.
Poren, recoñeceron que no seu entorno había moitas máis Islas (elas mesmas se consideraban así) que Mar(es) (destas, máis ben pouquiñas), e que “A adolescencia é moi difícil”, concluíron.