Mostrando entradas con la etiqueta superación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta superación. Mostrar todas las entradas
martes, 22 de diciembre de 2020
lunes, 20 de enero de 2020
Rula busca su lugar, Inseparables e Juul
Nesta reunión do Club de Lectura “enfrontámonos” a tres álbumes ilustrados: Inseparables e Rula busca su lugar, ambos con ilustracións de María Girón e texto de Mar Pavon. E, o terceiro libro foi Juul, escrito por Gregie de Maeyer, e con ilustracións de Koen Vanmechelen.
Juul, un libro aparentemente infantil que sen embargo é capaz de reflictir tan duramente o tema do bullying, tan presente na adolescencia e os centros escolares.
Os tres álbumes suscitaron fondos debates, sobre eses temas, sobre como nos ven os demais, como xulgamos aos diferentes, o difícil que é encaixar. Sobre todo pareceunos moi duro o de Sara, 4º ESO
miércoles, 25 de diciembre de 2019
Kolia, de Leandro Pérez
En esta novela se pueden diferenciar tres partes; la presentación del protagonista principal, Kolia, el suceso inesperado y por último el desenlace ¿esperanzador?
Una cita de Michael Jordan que aparece en el libro, nos gustó a todos: “Algunas personas quieren que algo ocurra,
Otras sueñan que pase,
otras hacen que suceda”.
Es una Historia de superación personal, donde se abordan otros aspectos como la relación con las chicas, el apoyo de la familia y los amigos.
Este libro te hace sentir que es posible alcanzar logros o metas que están lejanas si trabajamos con ahínco por alcanzarlas y que no intentarlo, no es una buena opción.
Todo ello contado en primera persona y de una forma muy amena, desde la perspectiva de un chico de 14 años.
¡ Os animo a leerlo habla de la pasión por un deporte y por momentos su lectura resulta cautivadora!
Por Ángel, 1º ESO
jueves, 11 de abril de 2019
BAILANDO EL HIELO, de Javier Fernández
Se observa en Javier que le gusta y disfruta con el patinaje, es humilde, posee un gran poderío físico y una gran capacidad de concentración.
BRIAN ORSER que como entrenador participó en el proceso de organización del entreno de Javier y de que asumiera responsabilidades. Destaca en relación a Javier su conexión con la familia, transmisora de grandes valores, destacando también el de la HUMILDAD. También nos habla de que estableció una relación con JAVIER, basada en la Comunicación, Honestidad y la Confianza. Se tienen ambos un respeto mutuo y personal.
Este libro trata de cómo Javier, en un país donde el patinaje sobre hielo es un perfecto desconocido, un deporte marginal,accede al mismo de la mano de su hermana mayor, y con el apoyo de su familia. Una humilde familia que tiene que realizar sacrificios para que él desarrolle esta afición y uno de los sacrificios mayores es el de tener que separarse de él viendo que aún es un adolescente con mucha necesidad de ser orientado para la adquisición de responsabilidades. Una historia con dificultades, llena de ilusión y con un final feliz. Que no siempre es así.
Muy recomendable para aquellos que quieran conocer a esta figura del patinaje y tener un referente para poder lograr sus propios sueños, sin cejar en el empeño.
Por María, profesora.
miércoles, 6 de marzo de 2019
Inseparables, de M. Pavón e M. Girón
Saltar obstáculos, facer carreiras, bailar, xogar? Cun par de zapatos pódese facer de todo, pero cun só?
Cando empezamos a ler, pensamos que esta era a historia dun zapato azul que, desde sempre, compartira as súas aventuras co seu compañeiro, outro zapato igual que el.
Clara é feliz cos zapatos, pero un día uno deles estrágase e os dous son tirados ao lixo.
Non sabemos en que sitio ocorre nin tampouco cando. Pero o que si sabemos é que estabamos equivocados: en realidade esta non é a historia duns zapatos, senón a historia dos nenos e nenas do mundo.
![]() |
| (Imaxe que amosa diferentes zapatos sen parella) |
Dá igual o lugar e os problemas que teñamos: os nenos son nenos. Dá igual que che chames Rita ou Clara, que vivas nun país en paz ou que a túa vida cambiase por culpa da guerra. Todos queren bailar e saltar , e aínda que sexa con axuda dunha muleta, sempre é posible volver sorrir.
Hai moito branco nas follas do libro para que vexamos ben as caras das nenas. Hai frases curtas e puntos suspensivos para que nos paremos a pensar. E aínda que sufrimos un pouco lendo este libro, ao final comprendemos que:
- Sempre atoparás nalgún lugar un novo compañeiro para vivir o que che toque vivir, pero non o descubrirás se non confías en ti mesmo/a.
- Hai cousas que nin unha guerra pode destruír. Por difíciles que sexan as circunstancias, os nenos sempre atopan motivos para sorrir.
Club de lectura inclusiva
Club de lectura inclusiva
viernes, 25 de noviembre de 2016
Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
“Creo que el ser implacable consiste en aferrarme a mí misma, en decir: ¡Esta soy yo, y no pienso ir a donde no soporto ir […], y voy a agarrarme y a lanzarme de cabeza a la vida, a ciegas, pero allá voy!”
Con esta prosa coloquial y a partir de pinceladas breves, sutiles, apenas sugeridas, Elizabeth Strout nos descubre la mísera y traumática infancia de la protagonista, Lucy Barton, carente del más mínimo atisbo de afectividad.
Desde el presente, Lucy, escritora de cierto renombre, rememora en una larga analepsis su infancia y juventud. Sus padres y sus dos hermanos sufren una pobreza extrema, tanto material como afectiva. Y es Lucy, la única de la familia, la que decide alejarse de ese inframundo de miseria física y moral y ser “implacable”. ¿Cómo lo consigue? A través de la lectura y la escritura.
Lucy pregunta insistentemente “¿Mami, tú me quieres? No hubo respuesta”. De la mano de Sarah Payne, a cuyo taller de escritura asiste Lucy, el lector percibe que esta novela “es una historia de amor […] Es la historia de una madre que quiere a su hija. De una manera imperfecta” Y Lucy lo constata:”Me da la impresión de que la gente quizá no entienda que mi madre no fuera capaz de pronunciar las palabras te quiero. Me da la impresión de que quizá la gente no lo entienda: no importaba”
A través de la conversación que mantienen Lucy y su madre, durante cinco días y cinco noches en la habitación del hospital en el que está convaleciente Lucy, conocemos las dos coordenadas espacio-temporales de la protagonista. Por un lado, el espacio rural-oscuro-infantil (Amgash, Illinois) del que huyó, que nos conduce al pasado; y por otro, el espacio urbano neoyorquino donde vive en la actualidad. Este tránsito espacio-temporal tiene su origen en la metanoia (en el sentido de transformación entendida como un movimiento interior que surge en toda persona que se encuentra insatisfecha consigo misma) que sufre Lucy y que parece conducirla a un mundo mejor. Sin embargo, a través de la conversación agria, sorda y deshilachada con su madre, sabemos que todo no es más que una falaz fachada: Lucy sigue hundida en su SOLEDAD.
Lo único que la salva, que la sostiene es la propia escritura. La novela, su tabla de salvación, le sirve de catarsis. Pero, si horadamos más, también nosotros-lectores sufrimos esa purificación interior porque, como señala Lucy, “Esta es mi historia. Y sin embargo, es la historia de muchos”
lunes, 14 de noviembre de 2016
Nata y chocolate, de A. Borras
Ver a vida dende o punto de vista dos alumnos acosados, obrigados e obrigadas a compartir tempo e espacio cos seus agresores mentres todos os demais (incluídos os profesores) miran para outro lado. Percibir un día tras outro a escola como un mundo hostil e aos teus compañeiros como salvaxes depredadores. Por que xa non somos empáticos, por que somos incapaces de sentir a dor e o medo nos demais?
Insultos e agresións cara o diferente, como en Nata e chocolate, nunca se sabe que é peor, se ser pouco blanco ou ás veces demasiado. Nunca se pode compracer totalmente o criterio das persoas que desprecian a outras, dos abusadores, sempre insatisfeitos eles mesmos, sempre inseguros.
Gustounos Nata y chocolate porque ao final reina a cordura, porque hai unha persoa adulta que comprende e presta axuda, porque o grupo ampara á acosada e entre todos logran que por fin a acosadora rectifique a súa conducta. Pero isto correspóndese coa realidade? Somos capaces de identificar o bullying de xeito claro e no seu estado inicial?
Quizais poidamos servir de axuda con esta guía do acoso escolar:
sábado, 28 de mayo de 2016
La lección de August, de R. J. Palacio
Aquí estamos, criando fillos e educando a rapazada nun mundo onde o pensamento está acotado por normas e gustos que críamos persoais, e que descubrimos máis tarde que cedo que responden a cánones, estereotipos e modas. Como te saias da norma, como teñas a menor eiva, serás a diana sobre a que os demais dispararán os seus dardos velenosos. Non importa saber quen es, senón que podes chegar a ter e como te ven os demais.
O libro de R.J. Palacio intenta retirar ese flequillo do que fala o protagonista, que non só serve para que non o vexan, senón tamén para tapar as cousas que non quere ver. Tampouco nosotros queremos ver, mellor que aparten a todas esas persoas cun síndrome que só afecta ao seu físico, que non se mesturen cos demais. Está claro que a súa soa presenza nos incomoda. Non vaia ser que falemos con eles e descubramos a unha persoa intelixente ou graciosa…ou normal. Como afirma o protagonista “os meus pais tampouco me ven como alguén normal. Para eles son alguén extraordinario”.
La lección de August impresionou aos lectores do Club, fíxolles pensar e sentir. Como adolescntes que son, recoñeceron que o aspecto físico é moi importante para eles e sentiron empatía co protagonista. Con todo, pareceulles pouco profundo - despois din por aí que a xente nova é moi superficial -, seguramente porque non hai un seguimento reflexivo da enfermidade, ou por esa familia demasiado amable, comprensiva e cariñosa. Eles intuían, e con razón, moitos máis problemas aínda na vida real.
En fin, o libro tráenos moitas reminiscencias de obras que non debemos deixar de recomendar, como O fantasma da ópera de Leroux, Frankenstein de Mary Shelley, O home invisible de H.G. Wells; tamén películas como O home elefante ou A parada dos monstros (ambas con personaxes reais), ou as máis recentes Videodrome, A mosca, Darkman, ou O cabaleiro escuro, que tratan sobre a desfiguración do ser humano.
martes, 6 de mayo de 2014
Juegos inocentes juegos, de Ricardo Gómez
Non lles gustou! E iso que,
aparentemente, o libro proposto para o club de lectura dos maiores, Juegos inocentes juegos de Ricardo
Gómez, tiña todas as papeletas para chegar aos rapaces.
A narración preséntanos a un
adolescente reflexivo, tímido, normal, Sebastian (si, sen til no a), que asumiu
demasiadas responsabilidades dende os 9 anos trala morte da súa irmá e o
posterior divorcio dos seus pais. O rapaz gaña diñeiro, á vez que se divirte,
probando xogos para unha empresa americana. Pero o que el non sabe, e o lector
si, é que os xogos non son tan inocentes como o protagonista pensara, pois cada
vez que proba un arma ou pilota un drone, cada vez que mata a alguén no seu
ordenador estáo a matar na realidade. Con eses dous elementos xoga o autor: coa
realidade cotiá de Sebastian e co resultado das súas accións.
Seica foi esta dualidade
narrativa a que non calou nos alumnos/as, máis acostumados a formas de narrar,
simples e lineais polo que a lectura resultoulles “pesada” e, as veces,
“difícil de seguir”.
Sendo o obxectivo do club
que os alumnos amen a lectura, pero que tamén coñezan outras formas de narrar,
consideramos que debemos persistir nesta liña. Que entendan que, para se
achegar a lectura, non sempre o camiño será doado, que haberán de salvar moitos
escollos. Porque un libro é, ao fin e a o cabo, ¡a vida mesma!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








