Mostrando entradas con la etiqueta Machismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Machismo. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de diciembre de 2019

A cabeza da medusa, de Marilar Aleixandre

A Cabeza da Medusa de Marilar Aleixandre foi o segundo libro que limos no Club de Lectura. A novela trata de dúas mozas, adolescentes, que son violadas á volta dunha festa. Pero, isto só é o comezo da súa loita “contra” o mundo: compañeiros, medios de comunicación,… pais. Deben enfrontarse ao resto do mundo como se fosen Medusa. 
 Na reunión houbo moita participación, pois a maioría somos rapazas, pareceunos un tema forte, pois indica a moita dor que pode provocar unha acción a unha persoa, por moi pouco mal co que o digas. Fala da culpa como algo paralizante que che afecta na vida e no teu comportamento, culpa que é debida ás reaccións dos demais, non dos feitos en sí. Plantexounos discusións sobre o noso comportamento ante feitos semellantes e como hoxe en día o uso dos móviles, de aplicacións como Instagram, fannos actuar como cómplices, pois vertemos as nosas opinións sen valorar as consecuencias. 
 Antía (3º ESO)

viernes, 29 de abril de 2016

A cabeza da medusa, Marilar Aleixandre

A cabeza de Medusa foi o último libro que limos no club de lectura, e podo dicir que gustounos moito a todos. A obra de Marilar Aleixandre trata, dende un punto de vista moi realista, un deses temas de actualidade que tenden a esquecerse, sen adicarlles a máis mínima reflexión, e faite pensar ao respecto; este tema non é outro que a igualdade entre mulleres e homes.
 Lupe e Sofía son dúas pequenas que ao saír dunha festa de disfraces do seu instituto de madrugada son violadas nun camiño afastado. Durante os días seguintes ao suceso descubrirán que hai xente que as apoia, xente que as sobreprotexe, tamén hai quen as culpa do ocorrido e cobardes que non se atreven nin a miralas a cara, como a Medusa dos mitos. Pero, son elas as que deberían agochar a cabeza? Acaso son elas as culpables por andar “provocando”? Deberían sentirse avergoñadas de seren violadas?
 O machismo e a violencia de xénero aínda están presentes na nosa sociedade e é o noso deber acabar con eles, non debemos deixar estes temas de lado, por iso, se queres ler un libro interesante e de actualidade non busques máis e proba con este, non o lamentarás.
 Por María, 1º BAC