Mostrando entradas con la etiqueta Fran Alonso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fran Alonso. Mostrar todas las entradas

domingo, 21 de diciembre de 2014

Silencio, de Fran Alonso

O xoves 18 de decembro,  reunímonos unha vez máis o club de lectura para falar sobre o libro Silencio . 

É unha historia que trata sobre un home que vive en Galicia e que se mudou a Madrid para buscar traballo como periodista.  Vivía nun piso moi solitario e no piso do lado, sempre sucedían feitos moi estranos, que moitas veces, deixábano ata sen dormir a causa da dúbida e da preocupación. Porén, el non facía nada para saber cal era a orixe de tales ruidos. Só maquinaba sobre eles.

Nós, ao falar sobre esta historia , chegamos a conclusión de que o autor nos quere transmitir a soídade que se pode chegar a sentir e que aceptamos feitos que nos parecen normais (como o de o ruído e os feitos estranos no piso de al lado) xa que o temos visto moitas veces. Cousa que mesmo non se debería facer porque, tal e como nos sorprendeu esta historia co seu final (o asasanito do neno que vivía no piso de al lado por o seu pai , e os ruídos que finalmente descubrimo que foron para disimular a tortura que lle facía ao neno) non sempre é normal o que sucede nin sucede o que creemos que é.

Por outra banda, algúns opinaron que era moi esaxerado que o home quedárase sen durmir a consecuencia dos ruídos que escoitaba e que lle afectara tanto na súa vida. Xa que, paradoxicamente, os sonidos que chegaban da casa do lado chegaron a obsesionalo de tal xeito que incluso modificou os seus hábitos de vida. Pero, non foi máis aló. Non quixo saber nada máis.

En xeral, pensamos que a mensaxe que transmitiu o autor é moi certa mais tamén que a historia foi demasiado cansina na súa lectura.

Por Mouna