Mostrando entradas con la etiqueta Emigración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emigración. Mostrar todas las entradas

martes, 18 de junio de 2024

Tristes armas, de Marina Mayoral

 “Tristes armas” é unha novela de Marina Mayoral que aborda de maneira conmovedora e profunda as experiencias de dúas irmás, Harmonía e Rosa, durante a Guerra Civil Española. A historia segue a estas nenas que, debido ao conflito, son enviadas á Unión Soviética, deixando atrás o seu fogar. 


A novela trata sentimentos de nostalxia e loita para adaptarse a unha nova cultura e lingua nun entorno descoñecido. Harmonía e Rosa, a pesar da súa xuventude, mostran unha notable capacidad de resiliencia. O desarrollo dos personaxes é moi meticuloso, xa que permite aos lectores empatizar coa súa situación e experimentar o seu crecemento personal ao largo da historia. Ademais, os outros nenos e coidadores do orfanato enriquecen a trama proporcionando varios puntos de vista.

Mentres que a adaptación de Harmonía e Rosa descríbese con profundidade e detalle, a situación dos seus pais menciónase como trasfondo. A nai, Isabel, simboliza amor e sacrificio, xa que toma a decisión de enviar ás súas fillas co fin de protexerlas do peligro. Esta enfrenta a incertidumbre diaria sobre o benestar das nenas mentres lidia coas atrocidades da guerra Española.

“Tristes armas” non é soamente unha historia sobre guerras e conflitos, tamén representa o amor de diversas maneiras: maternal, fraternal, amistosa e ata románticamente. De maneira que todos os personaxes mostren o seu apoio aos demais co fin de fomentar a felicidade nun período de crise.

A valoración global do libro no clube de lectura de 3º da ESO foi, sen dúbida, moi positiva. A todas gustounos o tema, na nosa opinión, está moi ben reflictido grazas ao estilo usado pola autora: conciso e sinxelo, pero á vez amplamente descriptivo, que permitiunos conectar profundamente cos personaxes mediante emocións auténticas.


viernes, 26 de marzo de 2021

Ardalén, de Miguel Anxo Prado


O día 24 de marzo reunímonos o club de lectura de primeiro de bacharelato para realizar a último reunión do segundo trimestre e comentar o libro “Ardalén”, unha novela gráfica de Miguelanxo Prado publicada no 2012. 

 O título do libro é o nome dun vento que sopra dende o mar e que, segundo algunhas crenzas orixínase nas costas americanas. A través deste fío condutor, diferentes personaxes desenvolverán unha historia na que se entrecruzan as súas vidas. 

 O tema central da novela gráfica é a memoria: somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. En “Ardalén”, Sabela intenta reconstruír a historia do seu avó Francisco, emigrante que marchou a Cuba deixando en Galicia a súa familia, por medio das lembranzas de Fidel, que vive nunha aldea de Lugo. Pero hai máis fíos, outras persoas, outras memorias, que se van entrelazando neste proceso de recuperación. Porque tamén somos o que os demais recordan de nós.

 Como comentamos, nesas memorias, propias e alleas, hai amor e cariño, pero ademais rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo, pero quen non recorda, non vive. Ao mesmo tempo, “Ardalén” é un canto á natureza e un drama que ten que ver coa emigración de décadas pasadas, coa desconfianza cara aos estraños ou coa soidade da vellez. Está cargado de emoción e a historia tratada, lonxe de parecer tópica, sorprende nos seus momentos finais. O preciosismo no seu debuxo e os toques realistas que salpican todo o relato producen esta marabillosa obra. 

 Pareceunos a todas un relato fascinante sobre como os recordos poden configurar a nosa personalidade, con personaxes inesquecíbeis e a mestría dun dos mellores autores de cómic do noso país. Prado teceu unha historia salpicada de realismo máxico que queda plasmado grazas ao dominio dos pinceis, á expresividade dos seus personaxes e á cor tan viva que inunda as súas páxinas. Respecto a isto, fixemos varias aclaracións: a composición é sinxela, case sempre recorrendo a cinco viñetas cadradas de diferentes tamaños por folla, pero elixindo con coidado cando debuxar as máis grandes. 

 En conclusión, recomendamos a lectura desta novela gráfica xa que o guión desenvólvese paso a paso, sen grandes saltos, e dedicando unhas poucas páxinas en cada capítulo a episodios do pasado. Conforme vamos coñecendo o particular mundo de Fidel, aínda que teremos dificultades para diferenciar que é verdade, que recordo e que pura fantasía, vamos comprendendo novas cousas e as sorpresas sucédense con total naturalidade. Ao mesmo tempo, Prado introduce entre cada capítulo unha serie de documentos oficiais que revelan máis pistas sobre todo aquilo que se está a narrar, sementando a dúbida no lector de se está asistindo ou non a unha historia real, pero sempre cunha gran verosimilitude. 

Por  SOFÍA  (1º BAC)

miércoles, 10 de febrero de 2016

Ciudad de huérfanos, de AVI

Nova Iork, ano 1893. A revolución Industrial leva uns anos en marcha e o mundo está inmerso nunha transformación que cambiará para sempre o noso modo de entender a vida. Pero, a que prezo?
 Hai fábricas por doquier, as chimeneas contaminan a cidade e non se pode ver ben nin respirar.
Os nenos vense obrigados a traballar por uns peniques, pero o traballo de toda a familia non garantiza o benestar.
A xente enferma e non pode pagar un tratamento axeitado, hai miles de orfos que viven na rúa…
 Parece unha historia de tempos remotos, un conto triste, violento e aleccionador; pero nada máis lonxe da realidade. Millóns de persoas viven nas mesmas extremas condicións que os protagonistas deste libro, son xente marxinada, sen dereitos, explotada…pero con anhelos e soños.
Se Dickens levantase a cabeza!
 A paisaxe de Ciudad de huérfanos é dickensiana: os mesmos ambientes míseros, as mesmas casas insalobres, os mesmos nenos tísicos e malnutridos…mais tamén fraternidade e amor.
Denuncia, esperanza e humor a partes iguais: esta é a grande herdanza do mestre.
 Por iso non debes perderte as nosas recomendacións: