Mostrando entradas con la etiqueta Emma Pedreira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Emma Pedreira. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de abril de 2023

Encontro con Emma Pedreira

    

Emma Pedreira, filóloga, poeta e escritora, trouxo “A maleta azul dos libros raros”. Dela saíron libros redondos, panos, barallas, casas, miniaturas… que nos abríron os ollos á posibilidade de contar historias nun sin fin de formatos. 
   Ás veces, non son necesarias as palabras, só a capacidade de ler. Os obxectos poden relatarnos as lembranzas da familia, formas de vida (pensemos nese libro-casa tan marabilloso!) doutras culturas e tempos, épocas de represión, de liberdade, cartas-poesía, de amor… En definitiva, a demostración de que calquera peza, non só os libros, poden conlevar un relato, en moitas ocasións subxectivo. E todo isto metido dentro dunha maleta!
      Moitas grazas, Emma.¡

jueves, 13 de abril de 2023

Os corpos invisibles, de Emma Pedreira


 O libro conta a historia de dúas rapazas totalmente diferentes pero que buscan a liberdade, a existencia e o recoñecemento que a sociedade lles negaba a elas e a todas as súas compañeiras. Unha das rapazas chámase L.C (Loretta Count) que ten 15 anos e traballa nunha fábrica téxtil desde os 8 anos en Londres durante a Revolución Industrial; e a outra chámase Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada e propietaria dunha cadeira de rodas motorizada e dunha saúde fráxil.

Ao principio o libro pareceunos algo confuso porque, crees que a autora vai facer unha comparación a vida desas dúas rapazas pero na verdade contache unha historia totalmente diferente. No libro podemos encontrar moitas referencias a otras escritoras que pode ser un pouco confuso se non as captas e se tampouco coñeces a ningunha desas autoras, pero no xeral gustounos o libro.

Por Karla