Nesta ocasión, os alumnos maiores das Estantigas lemos Tristes Armas de Marina Mayoral.
No libro coñecemos a Guerra Civil pero dende o punto de vista da retagarda, dos que sufriron a Guerra aínda que non combateron directamente nela. Tal é o caso de Harmonía e Rosa, “nenas da guerra”, exiliadas en Rusia, ou da súa nai. Pero, a pesares do conflito bélico, da perda do pai/marido, da nostalxia, da represión trala guerra, Tristes Armas é unha historia de amor, reflectida na carta que as dúas nenas envían a súa nai, no namoramento de Rosa e León, na axuda que dos amigos se prestan mutuamente, a pesares de pelexar en bandos contrarios e, na loita dunha nai, Carmiña, pola supervivencia e por tentar reunirse coas súas fillas.
En definitiva, é unha crítica ás guerras que separan e que alimentan odios e bagoas, e un canto a esperanza que sempre supón o triunfo do amor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario