Neste libro do club de lectura, Andrea Maceiras, cóntanos en Europa Express a historia dun grupo de rapaces, Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía, que ao acabar o bacharelato deciden facer unha viaxe en interraíl por Europa.
A través da viaxe podemos ver as súas experiencias pero tamén as súas personalidades, o libro que dá saltos no tempo, cóntanos a vida dez anos despois deses rapaces, xa adultos, e como lles afectou a morte dun deles, Xacobe, un dos máis carismáticos.
A nós o libro gustounos, sentímonos identificados con Nico e con Aroa, e, en xeral, caíanos mal Mía. A autora logrou que fósemos vendo a evolución dos protagonistas e que vísemos o valor da amizade, da liberdade, do amor.
Por Alberto (3º ESO)
Mostrando entradas con la etiqueta Andrea Maceiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andrea Maceiras. Mostrar todas las entradas
lunes, 5 de febrero de 2018
jueves, 11 de mayo de 2017
EUROPA EXPRESS, de Andrea Maceiras
Tras atopar unha postal de Bergen (Noruega) na que aparecía unha situación que lle chamou a atención, (pois aparecía el cos seus amigos) Nico decide investigar a desgracia que ocorreu tras aqueles días de viaxe por Europa no Interraíl, para celebrar a fin do Bacharelato. Así, reúne a todos os seus amigos: Aroa, Mía, Piero, Óscar e Beatriz tras moitos anos para falar do ocorrido. Tamén está Xacobe, pois aínda que non presente fisicamente, os acontecementos daquel verán de xuventude non se entenderían sen el.. Quen diría que unha simple postal podería cambiar as súas vidas!
Europa Express de Andrea Maceiras, foi o último libro que por este curso limos no Club, e esta historia resultounos moi interesante, pois trata temas como o amor, a madurez, a amizade, o engano…, temas bastante delicados pero dos que nunca está mal falar, e sobre os que o libro nos empuxou a reflexionar. Ademais, o final non foi totalmente inesperado: as veces as traxedias ocorren polo máis mínimo error e os máis grandes segredos poden magnificarse e impedir a un ser feliz.
Por Celia Veiga, 3º ESO
viernes, 15 de abril de 2016
Europa express, de A. Maceiras
Europa Express, de Andrea Maceiras, foi o libro que limos no club de lectura. A novela mestura o presente co pasado, a través de distintos flashback.
Como moitos de nós soñamos con facer, un grupo de rapaces, ao final do bacharelato, Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía, toman o Interrail para viaxar por Europa. Toda unha aventura, coñecer diferentes países, sentirse adultos e libres, unha viaxe iniciática cara a madurez. Pero, á volta, todo cambia, hai unha traxedia, difícil de superar para todos, especialmente para Nico. De feito, é este quen exerce de fío condutor da historia, é el quen merca unha postal que lle fai revivir a viaxe cos seus amigos, e quen logra reunilos a todos, quen fai revivir os recordos para poder curar a ferida aberta dez anos antes.
O libro gustounos moito, a pesar de que algúns pensaban que os personaxes eran moi estereotipados, moi “serie de televisión”: a “pija”, o descerebrado, a sensible, o nobre, … Pero, de calquera xeito, a novela chea de intriga, que crece pouco a pouco, é moi recomendable e interesante.
Non sabedes o que é o Interraíl? Queredes coñecelo? Pois mirade este vídeo:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


