Mostrando entradas con la etiqueta Enfermidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Enfermidades. Mostrar todas las entradas
martes, 4 de mayo de 2021
domingo, 15 de abril de 2018
Os nenos da variola, de María Solar
Hai historias reais que superan a ficción, sucesos que ocorren unha vez cada mil anos, logros que están por riba da xente común.
Se se entabla unha conversa nestes termos, e todos temos que facer reconto (nunca mellor dito), aparecerán no noso maxín retratos de aventureiros e de heroínas, imaxes de batallas gañadas ou arrebatadas e conquistas persoais ou comúns, engrandecidos todos eles polo paso do tempo.
Pero quen se imaxinaría que uns pequenos abandoados, cheos de necesidade, algún deles mesmo sen nome - non hai maior oprobio para un ser humano -, puidesen ser os protagonistas dunha das maiores fazañas da humanidade? Iso si, a maior gloria da súa Maxestade, Carlos IV, que os reclutou nos hospicios galegos para transportar nos seus maltratados corpos a vacina da variola nunha época na que non había sistemas de refrixeración.
A Coroa española ofreceulles a eses nenos unha vida mellor por unha travesía que foi un inferno e unha viaxe polo continente americano que significou a morte para moitos deles. Ademais, dos que lograron salvarse, moitos regresaron a unha vida de miseria en orfanatos inmundos.
| Crédito: https://bit.ly/2HzUXSh |
As vacinas seguen a salvar a vida de millóns de persoas no mundo, e con todo, recórdovos que o monumento a eses 22 heroes
que se atopaba no dique de onde partiu en 1803 aquel barco en O Parrote, A Coruña, acaba de ser desplazado por unha escultura de catro metros da Virxe do Carme. Cousas veredes, Sancho amigo…
viernes, 19 de febrero de 2016
A derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila
A dúbida asalta o lector dende as primeiras páxinas deste orixinal relato. É Emma Olsen , a protagonista, unha escritora real que Berta Dávila rescatou como inspiración para esta novela? É un personaxe de ficción con ambición de superar a verosimilitude? O lector queda atrapado nun xogo de perspectiva narrativa moi orixinal. Nos derradeiros días da súa vida, afectada por una enfermidade terminal, Emma decide voltar, en compañía da súa filla, á súa vila natal, Faith, unha cidade enclavada no Medio Oeste norteamericano.
O lugar de nacemento convértese nun lugar de confesión final antes da chegada dunha prematura morte. Contribúe a revivir e a explicar os feitos que alí sucederon e que a protagonista necesita expiar.
De profesión escritora, Emma deixa así escrita a súa derradeira obra de carácter biográfico cunha finalidade claramente catártica. Asistimos á descrición do lugar como o prototipo dunha monótona cidade americana na que parece que nada ocorre, que asfixia os seus habitantes de inacción, pero que promove paixóns incontroladas que levan á traxedia. As relacións persoais na adolescencia, sobre todo a amizade con Clarissa, conceden á novela un toque íntimo e intimista. É a adolescencia tamén, a etapa na que a protagonista descobre a Literatura da man do profesor Montana que a introduce na maxia da lectura e tamén da escritura. Todo este necesario “flash back” na vida de Emma está inzado de interesantes reflexións por parte da narradora e tamén dalgúns personaxes.
“Xa había tempo que comezara o curso, lémbroo ben porque o señor Montana e máis eu falamos naquela merenda dun libro de Anne Sexton que el me emprestara. É curioso como se recordan os libros con detalle cando se compartiron con alguén que significou algo para nós”
Unha lectura novidosa desde o punto de vista formal e interesante pola evolución psicolóxica dos personaxes que tecen unhas relacións complicadas e sorprendentes.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)