Mostrando entradas con la etiqueta Inmigración. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Inmigración. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de enero de 2021

Gazpacho agridulce, de Quan Zhou Wu


 

Esta novela cuenta la historia de una familia China que vive en España y es propietaria de un restaurante. Dentro de esta familia los padres son estrictos seguidores de las costumbres y prejuicios chinos queriendo, por ejemplo, que sus hijas estudien para encargarse del negocio familiar o deseando tener un hijo varón y sintiéndose realizados al conseguirlo. Por su parte, las hijas se sienten identificadas como españolas puesto que su niñera y sus amigas les llevan inculcando desde hace tiempo esta cultura y ellas también la prefieren sobre la china. Todo esto es abordado por Zhou Wu desde un punto de vista crítico, haciendo interesantes comparaciones, pero a la vez humorístico, sobre todo al hablar de las relaciones amorosas de las hijas de la familia puesto que son algo desastrosas.

El libro nos gustó a todas y nos pareció interesante. Nos llevó hacia una larga  reflexión sobre el sentimiento de pertenencia a un lugar.  Al tener en el club gente de distintas nacionalidades pudimos comentar este tema a fondo contando experiencias personales que demostraron que el país de nacimiento no es siempre es a donde sientes que perteneces. A parte de esto hablamos sobre lo estrictas que son las culturas asiáticas en el sentido familiar puesto que los padres mantienen una relación fría con sus hijos y son sumamente exigentes, lo cual, sumado a la presión de los estudios, lleva a que haya una tasa de suicidios de estudiantes notablemente alta.

La novela te lleva a reflexionar y aporta datos interesantes acerca de lo que es la vida de una familia asiática en España y como la estancia en nuestro país modifica su conducta. Si buscas una lectura rápida que te aporte información sobre este tipo de temas y que al mismo tiempo sea graciosa este libro es una elección perfecta.

Por Lucía, 1º Bac


lunes, 4 de noviembre de 2019

Zenobia, de Dürr Horneman

O luns día 4 de novembro, reunímonos no club de lectura de 4ºESO, 1º e 2º BAC para comentar unha novela gráfica chamada “Zenobia”. Con ela comezamos a andaina deste novo Club que pon en relación a linguaxe da literatura coa das imaxes. 
 Esta novela, escrita por Dürr Horneman e editada por Bárbara Fiore, cóntanos a triste historia dunha xoven nena. A protagonista está a viaxar nunha patera baixo a gran tormenta e, de súpeto, unha ola tira a todos os viaxeiros ao mar. Mentres a nena se afunde, os sucesos dos últimos días pasan fugaces pola súa cabeza. Estes recordos reflexan a marcha dos seus pais, o paisaxe caótico que observou ao sair do seu fogar,o rencontro co seu tío, o momento de subir na patera... 
 Ao longo do libro sucédense unha serie de impactantes imaxes que varían a súa cor segundo a antigüidade dos acontecementos. Todas elas transportan no seu significante a dor e os perigos da inmigración. Tamén podemos ver como intentan transmitir importantes valores. Lendo este relato dámonos conta do pouco valor que lle damos ás cousas ao ver como os pasaxeiros da patera comparten desesperadamente un anaco de comida; observamos a imperante necesidade de marchar do país, e non precisamente para robar os nosos cartos ou arrebatarnos postos de traballo... 
 Na nosa opinión esta novela gráfica é moi boa xa que é capaz de transmitir mediante debuxos que cousas realmente teñen valor, a situación de desesperción na que viven os inmigrantes... E, aínda que este tema sexa tratado frecuentemente na televisión, todos estamos de acordo en que esta novela transmite máis realidade que todas as noticias que vemos no noso día a día. Isto se debe a que esas noticias moitas veces intentan convencernos de que os inmigrantes teñen vantaxes con respecto a nós, cando isto é unha mentira. Os momentos de reflexión e o sorprendente das súas imaxes fan que pague a pena lela.
 Lucía Villapol (4º ESO)

domingo, 10 de febrero de 2019

Zenobia ou o reflexo do ocaso dunha ilusión

            Estivemos lendo Zenobia, ese magnífico cómic de Morten Dürr, no Club de Lectura de 1º da ESO. E limos como se nós tamén afogásemos, perdidos como estábamos nun mar de sufrimento sen táboa de salvación: os nenos baixaban a cabeza, algúns sabían algo, outros vivíranno en primeira persoa, eles ou seus pais. Aos máis ninguén lles contara a verdade.


O occidente rico mira sen ver, pensa sen reflexionar, cre que o sabe todo… ou xa non quere saber máis (ai, que horror, quitádeme iso de aí, sempre están co mesmo). E así pasamos a xornada, cambiando de canal a cada paso, como o avestruz que agocha a cabeza debaixo da terra.

Non obstante, o drama dos refuxiados segue aí. E iso que nosoutros fomos eles - seguímolo sendo - marchamos dos nosos lares buscando unha vida mellor, traballo, paz. Non é tan difícil de comprender. E con todo, canta traxedia sen fin, canto desgarro, cantos vínculos quebrados, canta historia desterrada.


Amina é unha nena siria, como Zenobia, a poderosa raíña que conquistó un imperio. O seu valor será tomado como exemplo pola protagonista para tentar superar a proba definitiva, pero a realidade será máis forte que ela. Ese silencio, que é linguaxe no cómic, mergúllanos nas tebras. O inferno ábrese cada vez que unha patera é lanzada ao abismo. Están sos, cegos, perdidos, e non hai luz ao outro lado. Que vergonza! 

lunes, 27 de noviembre de 2017

A clase, de Fr. Bégaudeau

 A novela está ambientado nunha escola dos suburbios da cidade de París amósasenos un pouco a vida dun profesor de francés, que debe ensinar a moitos adolescentes coas mesmas poucas gañas que el de estar nese lugar. O comportamento do alumnado fai que a moral deste profesor mal pagado acabe polo chan. Demasiadas culturas agrupadas nun pequeno espazo crean o microcosmos dunha Francia contemporánea. 
 Aínda que sendo un libro cun tema psicolóxico que a dicir verdade nos incumbe bastante, non foi un libro que gustase moito, mais que nada pola maneira de contarse que outra cousa, porque o libro resultounos pesado de ler e fixo que non nos gustase demasiado. Aínda así, na reunión discutimos como nos sentiamos nós, que estudamos nun instituto cunhas realidades sociais moi distintas ás dos protagonistas, con respecto ao ensino-aprendizaxe, as relacións cos compañeiros e a nosa vida como adolescentes. 
 Esta historia foi levada polo director Laurent Cantent á gran pantalla. Aquí podes ver un tráiler da 
mesma.

  Por Abraham, 1º BAC

jueves, 18 de mayo de 2017

TRAIN KIDS de DIRK REINHARDT

O último libro do club de lectura por este curso, foi unha historia que en xeral se nos fixo pesada de ler, e que é narrada por Miguel, un neno que vai en busca da súa nai que fai tres anos déixoos a el e á súa irmá para irse a EE.UU. a traballar. 
 O libro, a pesares da lentitude narrativa, conta, en opinión da maioría, unha historia moi interesante e que a maioría de nós descoñecíamos, os trens que cruzan, de México a EEUU cargados de migrantes clandestinos. A maioría, como Miguel, son nenos e nenas, non só de México senón tamén doutros países de Centroamérica que foxen da miseria, da guerra, ou tentan reunirse coas súas nais ou os seus pais que marcharon na procura dunha mellor vida para os fillos. En moitas ocasións, estes nenos e nenas, e iso impactounos moito, caen en mans das mafias de drogas, armas, sexo… É dicir, é unha viaxe de supervivencia. 
 Na reunión, puxemos en relación a situación destes nenos coa dos adolescentes e raparigos que se xogan a vida en pateras para entrar dentro das fronteiras europeas.

Por Abraham Pena Vila, 4º ESO 

 Cada día chegan as fronteiras europeas moitos nenos sen familia, logo dunha viaxe de supervivencia dende África ou o Próximo Oriente, exactamente como o protagonista de Train Kids, Miguel. En ocasións tendemos a parapetarnos tras un muro, sen querer ver o que é a dura realidade de moitas persoas. Pero só falta que reaccionemos para que as cousas cambien.


domingo, 8 de diciembre de 2013

La nieta del señor Linh, de Ph. Claudel

        Hoy en nuestra reunión comentamos  La nieta del señor Linnh, del escritor Ph. Claudel.  Es una novela breve pero intensa, conmovedora, con una prosa sencilla, lírica, sugerente, en la que se tratan temas como la inmigración- “Cuando el señor Linh subió a bordo con una multitud de gente parecida a él, hombres y mujeres que lo habían perdido todo (…)”, el exilio, la incomunicación –“las palabras no le herirán”-, la soledad  o la amistad.
        Página a página el lector empieza también su particular viaje , pues tampoco sabemos de dónde partimos y adónde vamos. Poco a poco nuestra travesía se vuelve inquietante pues  te pone en la piel del señor Linh, ¿qué habríamos hecho, cómo viviríamos en una situación parecida, en un país desconocido cuya lengua, su cultura, sus costumbres son tan distintas a las nuestras?; ¿quizá habríamos conocido también la amistad sin palabras, solo llena de gestos, de un señor  Bark? Y avanzas línea a línea hasta llegar a ese conmovedor y fatal final que a ninguna dejó indiferente, porque todas nos pusimos en la piel del señor Linh, porque  sabemos  frágiles .
       Una novela altamente recomendable