Mostrando entradas con la etiqueta Libros divulgativos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Libros divulgativos. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de junio de 2019

¡EL DINERO NO CAE DEL CIELO! de Emmanuel Trédez

Somos fans dos libros divulgativos, e procuramos inculcar no alumnado (1º ESO) ese amor polos textos sucintos e instrutivos. Nesta ocasión, que mellor para esta xeneración de consumistas irredentos que botar man daquelo que añoran todo o tempo e adoran cal becerro de ouro (nunca mellor dito)? Iso si, de como empezou a cousa nin flowers. Para eles todo está inventado no século XXI, non se acordan de que levamos só 19 anos, claro, eles no estaban antes…
 En fin, que todo hai que dicirllo, que as moedas xa eran redondas na Antiga Grecia – e como ían ser se non?- non se lles ocorre que podían ser cadradas, triangulares, en forma de chave (como así foi). O do papel moeda para que contarvos, vamos, iso estaba cantado, é algo normal. Normal que un rectángulo de papel barato, reciclado poida valer 500 euros? Que o metes na lavadora e aló vai? Paciencia hai que ter, señor… 
E o máis flipante, non teñen nin idea do que custa a vida, non saben que con estes salarios basura de hoxe en día por traballos extenuantes é imposible chegar a fin de mes (por favor pais de verdade, botádenos unha man na casa). Como fin de festa, a apoteose final: aquilo de mídese o valor dunha persoa polo diñeiro que gaña? Cal banquiño dos acusados, polo noso Club de Lectura desfilaron todos os Messis, os Cristianos Ronaldos, as guapas de turno, os caraduras, as Mileys Cyrus, os influencers…nin sombra das grandes científicas, dos artistas, dos profesionais da sanidade, do voluntariado, xa non vos falo dos do ensino…
En dúas palabras, unha calamidade¡

domingo, 3 de junio de 2018

Míster cuadrado, de Anna Cerasoli

En esta nueva aventura, Filo, el niño que conocimos en "La Sorpresa de los libros", descubrirá junto a su abuelo el asombroso mundo de la geometría.
Comprenderá la importancia de esta y su transcendencia a lo largo de la historia, además de darse cuenta de que todo lo que nos rodea es pura geometría.Él, como muchos otros niños y no tan niños, no le daba importancia a la geometría ni a la relación que pudiera tener con las matemáticas; por ello os animo a leer este libro y conocer este mundo del gran universo de las matemáticas.


Por Adrián, 1º ESO

domingo, 27 de mayo de 2018

Ojos y espías , de Tanya LLoyd

Imaxina que es unha persoa que intenta (necesita) pasar desapercibido: un perseguido pola xustiza, un espía, un axente encuberto, etc. Pois ben, anos atrás isto sería pan comido: tres pasaportes falsificados con distintas nacionalidades, varias partidas de nacemento de diferentes parroquias e mesmo credos, dúas perrucas e un bigote, algunas matrículas falsas de coche…e listo. 

 Pero neste mundo da era dixital (que vén ao caso dado que digitum significa dedo, e así é como nos sentimos todos constantemente: baixo a éxida dun índice acusador) tal obviedade parece unha verdadeira quimera.

 Porque existe o dereito á intimidade. Ou vai ser que non, xa que nin a persoa máis rica do mundo, ou a máis poderosa, pode nestes tempos manter oculta a súa identidade, a súa casa, a súa familia, os seus gustos e aficións, a súa vida… 

 Conseguir todos os teus datos é tan fácil que dá medo: están nas redes sociais (se non os metiches ti, xa se encargou o teu amigo, ese cretino ignorante que non ten un dedo de frente -véxase supra digitum- , ou a túa tía-avoa que acaba de mercar un cacho iphone e anda a ensinar a tododios o feitiños que son os seus sobriños… e de paso onde viven, fotos do colexio, lugar de vacacións, etc). E recorda: o que publicas na Web, queda aí para sempre. 

 Por outro lado, o teu Smartphone é un dispositivo GPS que rexistra automaticamente a túa ubicación en todo momento, e vai gardándoa a conveniencia. Calquera, e digo calquera (tamén os teus pais, babiola) poden saber onde andabas esa noite de graduación coas túas amigas (que en realidade chamábase Xosé Manuel e era do Masculino) ata altas horas da noite.

 E por último están os rastreadores, que recolectan información sobre as páxinas que visitas e sobre os teus dispositivos. Así elaboran un perfil detallado sobre ti e o que che interesa, para despois vender esa información a empresas de publicidade ou mesmo a gobernos e corporacións. Así poderán tervos controlados, adiantarse aos vosos gustos e necesidades, ou investigarvos antes de ser contratados ou tras un despido. E as autoridades sábeno e non fan nada.

 Non estamos en boas mans, rapaces, tédeo por seguro. Así que espabilade, informádevos. Pódense facer moitas cousas para salvagardar a nosa vida privada, por exemplo ler e recomendar a lectura de Ollos e espías de Tanya Lloyd ou de 1984 de George Orwell, esta última unha novela de 1949 na que recoñecemos esa ditadura moderna do Gran Hermano que todo o controla. 

 Podes consultar a páxina do Instituto Nacional de Ciberseguridad de España: Ou esta: https://privacidadglobal.com/seguridad-internet-menores/

domingo, 14 de junio de 2015

Míster cuadrado, de A. Cerasoli

Anna Cerasoli, de nacionalidade italiana, leva aproximadamente vinte anos impartindo clases de matemáticas na ESO. É autora de numerosos manuais sobre a materia e decidiu recorrer á ficción coa esperanzqa de presentar as matemáticas como algo divertido, emocionante e directamente relacionado co mundo que nos rodea."O dez magníficos", "A sorpresa dos números" e "Míster Cadrado" foron os seus libros máis destacados.

  Resumo: Fío e o seu avó manteñen longas conversacións sobre esta figura perfecta do cadrado. Agora Fío é máis grande que no libro "A sopresa dos números" e expón preguntas e posibles respostas mais coherentes cara ao seu avó, que para o sempre foi unha persoa moi intelixente. Fío desubre os misterios que encerran as matemáticas. O avó, espertando a curiosidade e a creatividade do seu neto, convídao a unha viaxe fascinante a través do mundo do coñecemento matemático que resultará tan apaixonante como unha volta ao mundo, xa que desde moi pequeno espertou en Fío o seu interese e sabedoría polas matemáticas. 

Opinión do grupo: Gústolles moito máis que o de "A sorpresa dos números". Todos quedaron encantados co libro e só houbo bos comentarios. 
Por Raquel Florentino, 4º ESO.
 Para saber máis:


  

lunes, 4 de mayo de 2015

La sorpresa de los números, de A. Cesaroli

O libro cóntanos as intrigas que lle xorden a Fío, o pequeno protagonista do relato, que coas súas tolas ganas de aprender, espera con impaciencia que o seu avó veña á súa casa durante as vacacións de verán para que lle responda a todas as dúbidas e preguntas que ten sobre as matématicas. Fanse inseparables e cóntanse os seus segredos. O avó ensínalle de todo, sempre con paciencia e boa vontade, para que, despois, sexa listo e intelixente: desde a probabilidade de que che toque a lotaría, até a forma de contar bacterias utilizando potencias, a cantidade de pastelitos que pode comer a túa veciña, ou mesmo, como xurdiu o tan destacado xogo do xadrez, pódese aprender lendo este libro. O libro, sinceramente, gustoume, porque demostra que se prestas atención ao mundo que che rodea, podes atopar moitísimas relacións coas matemáticas, e tamén que non son tan aburridas como a xente pensa.
 Por Daniel, 3º ESO