Mostrando entradas con la etiqueta Distopías. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Distopías. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de diciembre de 2023

Un mundo feliz, de A. Huxley

 Aldous Huxley proxecta nun  mundo feliz unha realidade utópica na que os nenos non nacen dunha nai,


senón dunha probeta, onde non hai amor, senón luxuria e desenfreo, onde non hai loita de clases, senón só conformismo. En suma, unha sociedade onde todo o que nos fai humanos desaparece.

Neste contexto entre en xogo "o salvaxe", un personaxe que vive illado do mundo feliz e que provoca que se cambaleen os  cimentos d este a o representar o impulso vital, o lado máis primitivo e orixinario dos humanos.

Este choque entre os dous mundos vai precipitar a destrución do  salvaxe, nunha apoteósica escena final.

A opinión sobre o libro foi bastante variada, sendo criticada por algúns e encomiada por outros. Do que non cabe a menor dúbida é da súa condición de clásico, que o encumbra a unha posición de prestixio dentro da literatura distópica do século XX.

Por Beatriz, 1º BAC

domingo, 24 de junio de 2018

Nais



Os libros lidos durante este curso, no club de profesoras,  teñen en comun varias cousas: o desacougo sempre producido en situaciones familiares, coa presenza/ausenza da nai e con os fillos como fío conductor e as relacións matrimoniais fracasadas.
O neno desexado por unha parella que non pode ter fillos nunha sociedade "distópica" - ou non- no "Cuento de la criada", o rapaz que se nega a comer porque teme ser devorado nun mundo de adultos en "Orfancia" ; a ausencia da nai e abandono dos seus tres fillos como telón de fondo nunha situación extrema en "Los perales tienen la flor blanca"; a nai que decide retomer a súa vida laboral e contrata a unha muller que toma as rendas da familia ata extremos insospeitados en "Canción dulce"; a muller que desexa ter unha filla e que tranforma a súa realidade vital para tratar de escapar dunha vida familiar que non lle satisface en "No, mamá, no" e eses dous irmáns que loitan pola súa supervivencia nun pozo simbólico no que foron arroxados pola súa nai, en "El niño que robó el caballo de Atila" e, por último, e como contrapunto a esa irrealidade, o fillo morto, vítima dun cancro , e os desvelos dos seus pais para poder saír adiante en "La hora violeta".
En suma, unha visión poliédrica das familias no mundo actual.

viernes, 12 de febrero de 2016

Cuando pasé al otro lado del muro, de WILLIAM SUTCLIFFE

Hoxe reunímonos para falar dun libro que nos impactou, Cuando pasé al otro lado del muro, de William Stucliffe: O título chamounos, en xeral, a atención, pensabamos que ía de pantasmas, o mundo paranormal…, pero non, o tema é moito máis serio e actual. 
 No libro, o protagonista, Joshua, vive en Amarias, unha cidade que a maioría de nós enseguida relacionamos co Oriente Próximo, e fala dun muro, físico e mental. Físico, porque separa aos teóricos civilizados, dos supostos violentos que viven ao outro lado; pero, é sobre todo un muro mental, porque separa dúas civilizacións que no canto de tentar entenderse loitan entre si, nun círculo sen fin de represión-violencia-represión. 
 Joshua, que non é feliz coa súa situación familiar, entra dun xeito fortuíto en contacto co o outro lado, e, con curiosidade e unha certa dose de inxenuidade, decide tentar entender a Leila e a súa familia, aqueles cuxa vida, moi dura, desenvólvese no outro mundo. Nesa postura de tolerancia, diferénciase claramente da súa nai, representación daqueles que negan a realidade (“non hai más cego que aquel que non quere ver”), e por suposto do seu padrastro (representación do odio sen sentido). 
 O que máis nos chamou a atención foi ver a evolución de Joshua, este pasa desa postura de comprensión a unha de compromiso, coidando o horto da familia de Leila, levándolles comida, e finalmente tentando axudarlles, ata tal punto que cambiará a súa vida para sempre. Pero, como di o protagonista: “Intenté ayudar y fracasé, pero puedo intentarlo otra vez, y puedo seguir intentándolo y, si vuelvo a fracasar, puedo intentarlo una vez más”.
 Os rapaces de 2º da ESO fixeron na materia de Cidadanía un traballo sobre os muros, porque, por desgraza, multiplícanse non só fóra de Europa senón dentro dela. Se queres afondar no tema só tes que premer aquí