
Na primeira delas, durante unhas horas convértesche nun traballador dunha autoestrada quen , metido nesa urna de cristal e para vencer o aburrimento do seu traballo, imaxina as vidas dese discorrer continuo de condutores nos seus coches a través das escasas palabras que pronuncian e da música que escoitan.
Unha novela moi áxil, entretida e fresca que achega unha visión moi certeira sobre a sociedade contemporánea, con pasaxes poéticase con referencias clásicas como este:
"Os que atravesan o mar para chegaren ata nés non pertencen a ningunha tripulación mitolóxica, aínda que sofren pobras que espantarían a calquera heroe clásico. Sinto un profundo respecto por estes argonautas modernos que xa non van á procura do vélaro de ouro dun carneiro, senón á busca do propio carneiro, para escorrentar a fame. A traxedia grega converteuse en traxedia africana, negra como a alma de moitos brancos(...)";
Respecto da segunda, unha farsa moi adecuada para representar co alumnado do primeiro ciclo, a acción transcorre en Italia no século XVIII, coinciden os nosos protagonistas: Valentino e Âkil, ambos os diferentes- pois pertencen a distintas culturas- pero semellantes as súas circunstancias, pois ambos foron abandonados polos seus amos e han de pasar a tarde-noite xuntos. A pesar de todo iso, co paso das horas, a desconfianza, os prexuízos sociais van desaparecendo para demostrar ao lector-espectador que todos somos iguais, independentemente da cor da túa pel ou da relixión que profeses. En fin, unha obra moi divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario