Comezamos o ano 2020, falando no Club, dun libro cheo de poemas que nos veñen a falar de obstáculos diarios, feminismo e machismo, violencia de xénero, adolescencia, como feren as palabras incorrectas ou como ninguén neste mundo vén ser perfecto; todos estes problemas que nos atormentan ou estresan día a día están recompilados neste marabilloso libro, Aplicación Instantánea de Carlos Negro .
Na nosa opinión este libro pode servir para que a xente (especialmente os adolescentes) se identifiquenco cos versos do autor, e nalgúns casos pode axudarnos a comprender malas ou difíciles épocas da nosa vida. Doutra banda cremos que é un libro marabilloso e moi expresivo,conseguindo que con poemas de poucas palabras, espértense diversos sentimentos e emocións en nós.
En resumo o libro é moi bo, ten un moi bo vocabulario (é entendible) e ademais é moi elocuente.
Sara (3º ESO)
grazas pola informacion
ResponderEliminar