Mostrando entradas con la etiqueta Breogán Riveiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Breogán Riveiro. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de octubre de 2018

Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro

       O xoves 11 de outubro, inauguramos con Tonecho de Rebordechao, o club de lectura dos alumnos de 2º ESO C. A maioría de nós nunca asistíramos a unha xuntanza deste tipo, non sabíamos en que consistía un club de lectura. Esta primeira experiencia foi moi satisfactoria. Os momentos de desconcerto iniciais pasaron rápido e mentres tomábamos unas pastas e uns batidos de chocolate na biblioteca, comezamos por compartir un pequeno resume da historia.

     Tonecho é un neno que queda orfo porque os seus país morreron nun accidente de tráfico. Foi vivir cos seus avós a unha aldea da provincia de Ourense chamada Rebordechao. Existe de verdade! Atópase alí cun mundo diferente ao da cidade onde el vivía. Na aldea aprende un montón de cousas, namórase de Sabela (a súa profe), fai amigos, relaciónase con todo tipo de animais, especialmente co seu can Langrán, e ata vive unha xornada electoral.
   
A todos pareceunos unha obra interesante, divertida, nada dramática e chea de aventuras. Ensinounos que a vida nunha aldea non ten por que ser aburrida porque podes coñecer costumes, historias dos antepasados. Historias que mesturan realidade e ficción, pero contadas nunha noite de inverno co vento soprando fóra, vólvense moi reais e fan que pases moito medo. 

     Como moitos de nós somos de fóra de Galicia, aprendemos moito sobre as tradicións e a cultura galega: falamos da matanza, da conservación dos alimentos, da fabricación do xabrón caseiro, do unto para botar ao caldo, dos muíños de trigo e o seu funcionamento, da preparación do queixo… e eles tamén nos contaron como se facía todo isto nos seus lugares de nacemento. Todo un intercambio cultural! 
    Podemos cualificar a primeira xuntanza como entretida, divertida e ademais instrutiva porque aprendemos un montón de cousas interesantes.
Por Antía, Diana, Samuel e Aurora

lunes, 16 de diciembre de 2013

Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro

Cidade versus aldea, ou como non renegar das nosas orixes. Iso foi o que nos impulsou a recomendar esta lectura ao alumnado do noso Centro, de cultura urbana na súa maioría, e o primeiro tema que saíu a relucir no debate que mantivemos antes das vacacións. Nun principio, as alumnas pretendía amosar una especie de afastamento cultural, intencionado as máis das veces, co cal non recoñecer que gran parte delas segue a ter aldea propia e familiar e que a nosa cultura continúa a ser labrega, como  puideron confirmar trala lectura do Tonecho.
 Algo que quedou claro foi que o amor pola natureza e a solidariedade entre as xentes estaban máis arraigados na aldea, que a tradición non só mandaba nisto senón tamén na memoria e de aí a importancia de recoller as historias que contan os nosos maiores antes de que se perdan: os mitos e as lendas de Galicia, pero tamén os acontecementos reais, como o do home-lobo de Allariz, aqueles sucesos que levaron ao noso autor a escribir este libro.
Pasado e presente, en suma, que se mezclan na figura do protagonista, pero tamén futuro porque na aldea globalizada na que vivimos xa ningún neno é distinto a outro.

Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro