Mostrando entradas con la etiqueta Margaret Wild. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Margaret Wild. Mostrar todas las entradas

miércoles, 21 de abril de 2021

Zorro, Los días felices e Travesía

 

Nesta ocasión, no club de lectura, limos tres albumes ilustrados, Zorro de Margaret Wild, Los días felices, de Bernat Cormand, e Travesía de Peter Van den Ende. A proposta sorprendeunos de inicio, por que tres libros, dous deles, pensamos para nenos, e o outro, Travesía, sen texto, só imaxe. 

  

 
 En Zorro!, a través dunhas imaxes moi expresivas, nun bosque calcinado, a autora amósanos a amizade que nace entre Urraca cun á queimada que lle impide voar, e Perro, que ao perder un ollo ten a súa visión mermada. Ambos sós e con limitacións, faranse amigos e así supliran as súas limitacións. Porén, pronto aparecerá o personaxe de Zorro que alterará esa amizade, pois síntese só e ten envexa do vínculo entre os amigos. 

   

  Por outra banda, en Los días felices, os protagonistas son dous
nenos, o narrador e Jacob, a través dos recordos do primeiro nárrasenos o tempo de felicidade e amor entre ambos nenos, porén, tamén da soidade e a nostalxia, pois, a partida de Jacob, sen dicir nada, deixa ao narrador preso da dor e a incomprensión, porén, tamén da esperanza. 

    

 
En Travesía, o protagonista é un barco de papel que navega no medio do océano. Durante a súa longa viaxe, atópase cos seres estraños, que rememoran, inevitablemtente aos mundo fantásticos de O Bosco, pasa entre manglares e enfróntase a unha tormenta devastadora, observa a beleza dunha aurora boreal, e a contaminación dunha plataforma petrolífera… e a súa viaxe remata nunha cidade, na que desembarcará o seu único pasaxeiro. Esta viaxe é unha alegoría da vida, dos seus lestrigóns e dos seus cíclopes, como dicía Kavafis.

     Os tres libros suscitaron un gran debate, cómo custou entender, de inicio, Travesía, pois estamos acostumadas a lecturas con texto de apios e a imaxe cústanos interpretala, como Zorro reflicte perfectamente as relacións humanas, sobre todo na adolescencia, e sentímonos moi certa de Jacob e o narrador de Días Felices, do seu tenro amor, e deixounos claro que a nostalxia, os recordos, tamén van conformando quen somos para ben e para mal.

Por Sonia, 1º BAC