Mostrando entradas con la etiqueta Alumnos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alumnos. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de noviembre de 2023

La importancia del primer cero, de Oti Rodríguez Marchante y Carmen Segovia

 Andrés, Iñaki, Fredi e Paula son catro amigos que se reúnen para preparar e presentar un proxecto de investigación de ciencias. Todos acaban de cumprir os dez anos, e cada neno experimenta este suceso de maneira completamente distinta: dende os cambios na maneira de Andrés de relacionarse cos seus amigos ata as interaccións entre Iñaki e o seu irmán, o libro está composto por catro contos que exploran as tranformacións que cada pequeno percibe ao seu redor.

Maxistralmente ilustrado e con bos toques de humor, a compilación resultou amena aos nenos do club: a pesar de ter algo máis de 10 anos, sentíronse identificados cos protagonistas, recoñecendo as sensacións descitas nos relatos como sentimentos propios. A orixinalidade e o respecto dos autores ao tratar temas como o síndrome de “O cristal” fan que o libro sexa unha lectura agradable e sinxela para calquera idade.