Mostrando entradas con la etiqueta Literatura Galega. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Literatura Galega. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de febrero de 2015

Andaínas de Pedro Chosco, de Pepe Carballude

        Unha historia, dúas, moitas historias nunha, os membros máis cativos das Estantigas non sabían como calificar este libro de aventuras chamado As andainas de Pedro Chosco. E non debe extrañarnos, porque cando os mitos entran na nosa vida, o tempo e o espacio distorsiónanse, xa non hai barreiras, e non sabemos dicernir o real do ilusorio: ese é o seu poder e o seu misterio. A natureza salvaxe de Galicia, a pouca que nos van deixando, préstase a tal encantamento, e o resto xorde da imaxinación desbordante dos nenos para os que nada é imposible. Ademais, como non van poder convivir as criaturas fantásticas connosco, se un abuelo as convida a entrar cos seus contos? 
      Falouse moito de mitos na reunión e, como proba da influencia que a mitoloxía ten na literatura, buscamos outras portadas, ademais da do noso libro, nas que apareceran os nomes dalgunhas criaturas lexendarias. Velaí algún exemplos:

jueves, 27 de junio de 2013

Roteiro Fiz Vergara

Como o prometido é débeda, este ano fomos facer o roteiro literario sobre a figura de Fiz Vergara Vilariño que non puidemos facer o ano pasado. O día 18 de xuño, despois do recreo, saímos nun bus camiño do val de Lóuzara, 15 alumnas e tres profes. Poemas do autor e trece intervencións escultóricas de artistas lucenses son a guía deste orixinal sendeiro . Este roteiro inaugurouse fai uns poucos anos e desde entón é visitado por diversos clubs de lectura e tamén por asociacións culturais. Natureza, arte e poesía danse cita nuns quilómetros de gran beleza. Despois de resolver os problemas da data, axeitada para todas e como colofón o traballo feito durante o ano, imos coñecer de primeira man a obra de Fiz Vergara. Fixo un día estupendo e disfrutamos dese “museo único o aire libre”. Ler a obra de Fiz na súa paixase, na súa casa, no seu río, na súa cova, enche o espírito dunha poesía e dunha emoción difíciles de trasmitir e comunicar. Non é doado atopar palabras para describir o silencio, a quietude da natureza, o ruído da fervenza ou o discorrer do río. As intervencións escultóricas están perfectamente integradas no conxunto natural, cada unha acompañada dun poema emblemático dese punto do camiño. Para todas foi un gran descobremento, especialmente para as alumnas, que nunca imaxinaron a fusión da arte, a natureza e a poesía, nin a enorme beleza do val de Lóuzara, unha xeografía descoñecida totalmente para elas. 


lunes, 25 de febrero de 2013

Usha, María Reimóndez




As Estantigas I disfrutamos coa lectura do Usha ata o punto de identificarnos coa protagonista como representante de todos os pequenos/-as que viven lonxe do seu país de orixe (como é o caso de varios membros do noso grupo). A discriminación da muller, o racismo e a intolerancia foron os grandes temas a debate, sustentados na  nosa firme convición de que a educación en igualdade é a única solución para unha convivencia en común.
Chegamos á conclusión de que o amor resulta ser o fío condutor da historia, non só polo que respecta ás persoas (a nena, a nai, a amiga, o pai ausente…) senón tamén o amor á terra, á lingua, á paisaxe…en fin, un libro de amizade e de mulleres fortes,  de culturas diferentes e de reivindicación da liberdade de elexir.

As rapazas realizaron novas portadas para o libro: