Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade de xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade de xénero. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de junio de 2021

Ninfa rota, de A. Gómez Cerdà

 


Este libro relata a historia de Marina, unha rapaza adolescente, que sente unha voráxine de emocións pola súa relación obsesiva co seu noivo, Eugenio. A súa repentina ruptura complica moito as cousas e fai que a protagonista se obsesione tentando comprender o motivo polo que a deixou. Esta relación deixa ver claramente a súa toxicidade: por un lado temos a unha persoa controladora e manipuladora, que o que máis lle importa é o seu propio ego, e por outra, alguén que está experimentando moitos cambios psíquicos e que crea unha forte dependencia emocional da outra persoa. Eugenio claramente a ameaza, insulta e afasta das súas amizades, sobre todo de Nerea, a súa mellor amiga, que veu o que el estaba a facer coa súa amiga e declaroulle a guerra. Marina fai tantas cousas por compracelo que acaba nun estado case paranoico, case ao punto de mirar cara ambos lados para comprobar que el non pode ver as accións que realiza no seu día a día, por se puideran chegar a non gustarlle. Ela non é quen de recoñecer o maltrato sufrido libremente, polo que desfoga nun diario que escribe e moi frecuentemente, estes sentimentos de medo pódense ver nos seus soños, nos que somos testemuñas das interacción de dous personaxes, unha ninfa e un fauno, trasuntos dela e de Eugenio. Nestes soños a ninfa síntese empequeñecer fronte ao fauno, a quen dice querer pero é notable que lle inspira medo. 
 Dende o meu punto de vista, é unha novela moi necesaria que pode axudar a abrir os ollos á moitas persoas e darse conta da realidade na que viven, para así poder saír dela. O estilo de Gómez Cerdá é claro e conciso, como escribiría unha moza que ronde a adolescencia, e isto beneficia que o ritmo da novela sexa rápido e atrapante. 

No club de lectura foi un libro que agradou a todo o mundo, e moitos puideron sentirse identificados porque coñecían unha relación así ou a viviran nas propias carnes. Moitas veces non romántica, senón que este tipo de abusos poden ocorrer e todo tipo de relacións, como as de amizade.

Por Beatriz, 3 º ESO

miércoles, 25 de abril de 2018

A cabeza da medusa, de Marilar Aleixandre


Relátase nel, que unha semana antes da festa de entroido ,nunha clase, Sofía e Lupe coñecen o mito da Medusa. Días despois,chegada a celebración e pasada a noite son violadas nun monte afastado.
   Máis tarde ,veránse afectadas polas críticas recibidas pola parte dos seus compañeiros ,onde se debatirá se a culpa de todo o sucedido a teñen elas ou os violadores. Así,Sofía e Lupe vivirán a súa propia historia do mito da medusa. 
   No noso club, á maioría dos lectores gustoulles o relato ,a maior parte delas rapazas ,xa que pensan que é unha historia moi real que abarca temas da actualidade e que hai valores moi importantes que deberían de estar sempre presentes. Porén ,unha persoa atopouno un pouco monótono e sen intriga que a animase a seguir lendo.
  En canto aos personaxes ,gran parte dixo que os prefiridos eran Sofía e Rubén ,xa que ademais de ter un papel moi importante por separado ,a súa relación de amor era a máis intrigante. En cambio ,Lupe foi o personaxe menos querido ,debido a que na historia os seus repentinos cambios de actitude non foron moi apreciados polos lectores.

  Aquí podes ver un vídeo en imaxes sobre a morte de Medusas por Perseo.

 
Por Yasmine, 3º ESO



O libro de A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre, inspirada no mito de Medusa, cuxos cabelos se transformaron en serpes como castigo tras ser forzada por Poseidón, trata pois un tema de candente actualidade, por feitos como os de A Manada. Quizais por iso, e porque os rapaces e sobre todo as rapazas, sentímonos idenificados coas dúas protagonistas, Sofía e Lupe, en xeral gustou moito. Na reunión do club,tamén falamos do estilo do escritor que describía todas as sensacións dunha maneira baixo algúns puntos de vista algo fría. Porén, fíxonos reflexionar sobre a importancia de pode axudar a unha persoa que pasara por situacións similiares xa que despois de algo tan traumático segue habendo vida, e esta historia axuda a velo. 
 Ademais, criticamos o papel da prensa que tomou protagonismo pola metade da historia e claramente violaba a privacidade das rapazas que foron agredidas sexualmente. Por outra banda, gustounos moito que as dúas rapazas depois de sofrir aquilo foran a denunciar, xa que é importantísimo avisar á policia se che pasa algo sí ou parecido, ti non tes a culpa, Recoméndovos este libro se queredes entretervos un ratiño e saber algo máis a cerca desta sociedade que tristemente aínda no século XXI existe. 
 Por Carmen, 4º ESO