Mostrando entradas con la etiqueta Adolescencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Adolescencia. Mostrar todas las entradas

domingo, 20 de junio de 2021

El odio que das, de Angie Thomas


 É un libro que fala principalmente do racismo e do movemento “Black Lives Matter”.

A súa protagonista, Starr, ve morrer ao seu mellor amigo Khalil a mans dun policía. A partir de ahí comeza unha loita interna consego mesma, rememorando unha e outra vez a escena, culpándose a sí mesma de que os detectives non crean que o seu compañeiro sexa culpable ou aguantando ter que oír que Khalil era traficante.

Pero, ademais, este libro conta con unha subtrama na que se fala sobre as pandillas e os traficantes no barrio de Starr. O seu propio pai é un expandilleiro que, coa pouca influencia que lle queda, consegue protexer aos seus fillos. Por último tamén destaca o tema do abuso doméstico na familia dun pandilleiro, que agrede á súa muller e ás súas fillas.

É increíble a vida tan distinta que tes que sufrir por non ter a pel clara, que teñan que enseñarte a como debes comportarte ante un policía armado e que, ademais, as persoas que te discriminan sexan responsables da túa situación.

Por María, 4º ESO

domingo, 6 de junio de 2021

Ninfa rota, de A. Gómez Cerdà

 


Este libro relata a historia de Marina, unha rapaza adolescente, que sente unha voráxine de emocións pola súa relación obsesiva co seu noivo, Eugenio. A súa repentina ruptura complica moito as cousas e fai que a protagonista se obsesione tentando comprender o motivo polo que a deixou. Esta relación deixa ver claramente a súa toxicidade: por un lado temos a unha persoa controladora e manipuladora, que o que máis lle importa é o seu propio ego, e por outra, alguén que está experimentando moitos cambios psíquicos e que crea unha forte dependencia emocional da outra persoa. Eugenio claramente a ameaza, insulta e afasta das súas amizades, sobre todo de Nerea, a súa mellor amiga, que veu o que el estaba a facer coa súa amiga e declaroulle a guerra. Marina fai tantas cousas por compracelo que acaba nun estado case paranoico, case ao punto de mirar cara ambos lados para comprobar que el non pode ver as accións que realiza no seu día a día, por se puideran chegar a non gustarlle. Ela non é quen de recoñecer o maltrato sufrido libremente, polo que desfoga nun diario que escribe e moi frecuentemente, estes sentimentos de medo pódense ver nos seus soños, nos que somos testemuñas das interacción de dous personaxes, unha ninfa e un fauno, trasuntos dela e de Eugenio. Nestes soños a ninfa síntese empequeñecer fronte ao fauno, a quen dice querer pero é notable que lle inspira medo. 
 Dende o meu punto de vista, é unha novela moi necesaria que pode axudar a abrir os ollos á moitas persoas e darse conta da realidade na que viven, para así poder saír dela. O estilo de Gómez Cerdá é claro e conciso, como escribiría unha moza que ronde a adolescencia, e isto beneficia que o ritmo da novela sexa rápido e atrapante. 

No club de lectura foi un libro que agradou a todo o mundo, e moitos puideron sentirse identificados porque coñecían unha relación así ou a viviran nas propias carnes. Moitas veces non romántica, senón que este tipo de abusos poden ocorrer e todo tipo de relacións, como as de amizade.

Por Beatriz, 3 º ESO

martes, 9 de abril de 2019

La pirámide de las necesidades humanas, de Carolina Solé

 

O día martes 9 de abril, no club de lectura reunímonos un grupo de alumnos de 3º e 4º para comentar un libro chamado: A pirámide das necesidades humanas.
   Este libro, que ten como autora a Caroline Solé, cóntanos a historia dun adolescente que fuxíu da súa casa vítima do maltrato dun proxenitor e atopou nas rúas de Londres o seu cobixo. O noso personaxe principal fai algún amigo e vive unha mala vida nas sucias rúas desta cidade.Todo isto mentres participa nun reality show que cuestiona a súa calidade de vida dependendo do nivel de satisfacción das súas necesidades básicas. A medida que vai superando os distintos niveis do reality pese a súa mala calidade de vida, aumentan as miradas críticas e o número de falsas amizades que se proxectan na ventá de “amigos”. 
    O libro podería dividirse en dúas partes. Por un lado mostraríase a verdadeira personalidade do protagonista, que é un soñador ó cal lle resulta difícil acostumarse á vida realista. Polo outro, veríase unha crítica á sociedade que vive do postureo e dos falsos amigos de Internet. 
   Na nosa opinion xeral “La pirámide de las  necesidades humanas” é un bo libro que transmite dunha forma facilmente comprensible os conceptos da pirámide de Maslow. Aínda que ás veces resulte algo aburrido polo seu carácter lineal, as reflexións sobre a vida, as necesidades excesivas da xente e a adición ás redes sociais que aparecen nel fan que pague a pena lelo.
Por Lucía, 3º ESO