Por que biografías? Preguntou a rapazada cando lles ofrecín esa posibilidade. Non tardaron en contestarse a si mesmos: a vida dos demais interésanos sobremaneira, e moito máis se se trata de personaxes xenreiros da historia universal.
O xénero biográfico non ten por que ser aburrido, todo o contrario; ademais de información valiosa sobre épocas antigas e civilizacións perdidas, estes libros aportan todo tipo de anécdotas e curiosidades que nos agradan e entreteñen. Nin que dicir ten que os alumnos se apaixoaron coas aventuras de Marco Polo ou cos descubrementos do gran Arquímedes, coas capacidades artísticas de Leonardo e a perseverancia de Galileo; tampouco quedaron atrás as grandes mulleres como Hipatia e Curie, exemplos de determinación e altas capacidades.
En fin, que todos estiveron de acordo en afirmar que aquelas biografías constituíron unha fonte de inspiración motivadora para as súas metas futuras dado que en todos os casos se trataba de persoas cunha grande capacidade de esforzo e superación. Sen dúbida, modelos de conducta para o noso alumnado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario