
En xeral, a pesar de que este non foi un dos libros favoritos para os membros do club de lectura de 3º ESO, deu lugar a moitas reflexións. A historia era interesante, a pesar de que se considerou que o libro era demasiado longo para o que contaba. Aínda así, fíxonos reflexionar, especialmente sobre a soidade á que se ven sometidas moitas veces as persoas maiores, xa sexa nun centro especial ou vivindo eles sós, sen a penas visitas das súas familias. Tamén sobre que a pesar de seren a nosa única conexión co pasado, e canto tempo traballaron para que o noso mundo sexa agora como é, son en moitas ocasións considerados estorbos.
Aínda que este libro non foi o que tivo a trama máis interesante, si que é certo que tivemos un bo momento con el, con momentos de risa e tamén sobre as conclusións e pensamentos que sacamos del. Sen dúbida, con el aprendemos a valorar un pouco máis as cousas como os maiores e á nosa propia familia.
Por Alba Piñeiro López
Este vídeo pon en imaxes algunha das reflexións ás que chegamos na reunión do club.
Geri's Game from muctim on Vimeo.
resumo do libro?
ResponderEliminargrazas
ResponderEliminar