Mostrando entradas con la etiqueta Arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Arte. Mostrar todas las entradas

lunes, 1 de marzo de 2021

Imaxina animais,de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre


Xulio Verne dixo acertadamente que “cada quen vive no mundo que é capaz de imaxinar”, pero non todos temos esa capacidade innata dos grandes fabuladores. Se o noso mundo é pobre en imaxes poéticas, lúcidas e amables, a realidade podería volverse na nosa contra reproducindo deformidades ficticias que irán minando a nosa capacidade de percepción. Por iso é tan importante que os nenos lean, que descubran o idioma das imaxes – esas copias da realidade - e que aprendan non só o significado das palabras senón o seu sentido, abrazando denominacións coma quen abarca o mundo.
 Din que a imaxinación non ten límites e esa é a aposta de Ballesteros e Vidaurre: un excelente desafío de creatividade. As criaturas concebidas pola mente do narrador e o poeta gráfico desbordan inxenio e gracia: as tibulatas que afundiron o Titanic, as chaveíñas que non gardan segredos entre elas, a serpelleira que se acubilla nas fábricas textís e, sobre todo, eses platafiños que guían ás pateiras deixando un recendo a vainilla salgada. Sen dúbida, o aroma mesmo da Arte.

lunes, 3 de marzo de 2014

El libro de los relatos perdidos de Bambert, de J. Reindhardt

A proposta de xaneiro para o Club de lectura dos pequeniños das Estantigas foi El libro de los relatos perdidos  de Jung Reindhardt, unha obra que foi acollida, de xeito inesperado, con disparidade de criterios.
            Pese a todo, o debate da reunión centrouse na evidencia de que o verdadeiramente interesante deste libro non era tanto a forma e o contido dos relatos senón a intención do autor á hora de escollelos.
            En xeral, todas as alumnas déronse conta de  que o fío condutor que une os contos non é outro máis que a denuncia contra a soidade e a marxinación, encarnadas ambas realidades na figura dese escritor culto
            Un mundo para a reflexión o do desventurado Bambert, sorte que un raio de esperanza vén ao noso encontro dende a tenda situada na planta baixa
, pero contrahecho, que escribe sobre un mundo no que a violencia e a inxustiza social son o pan noso de cada día. Relatos como o ubicado en Saraievo ou o dos nenos xudeus dos campos de concentración non deixan lugar á dúbida: o desasosiego apodérase de nós ante imaxes  mil veces divulgadas e sempre aterradoras.