Mostrando entradas con la etiqueta Lugo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lugo. Mostrar todas las entradas

domingo, 7 de abril de 2019

O veleno da risa, de Jaureguizar

    Coa obra de Jaureguizar, O veleno da risa, o club de lectura de 2º de PMAR “xoga na casa”. Todo nos resulta familiar: os nomes de rúas e prazas, a festa do mes de xuño, algúns personaxes… Estamos en Lugo. 
    Tintimán ten que resolver o asasinato do arqueólogo do Museo Provincial en plenas festas do Arde Lucus. Na investigación colaboran o alcalde da cidade, López Horacio, a directora do Museo, Aurelia Balseiro, o padrasto do protagonista que é un estudoso da historia de Lugo… e, por suposto, as mozas que entran e saen da vida amorosa de Tintimán. Estas conquistas, os seus enredos e a linguaxe engaiolante do mozo foi uns dos aspectos da obra que máis lles gustou a todos os alumnos. 
     E como estabamos na casa, decidimos celebrar a sesión do club fóra do centro, percorrendo a cidade, visitando os lugares onde transcorre a acción.

 

Quedan aquí algunhas fotos e algunhas impresións dos alumnos do club:
Samuel: “ En primeiro lugar, visitamos o Museo Provincial para ver o famoso Carneiro Alado. Levamos unha sorpresa porque pensabamos que era máis grande e resultou ser unha cousa pequerrecha”
Antía: “ No Museo atopamos o arqueólogo Enrique Alcorta, a primeira vítima  do relato, que falou con nós.”
Diana: “Estivemos no Vicerreitorado e na Domus de Mitreo, no Pazo das Pombas e na catedral. Collemos un plano da cidade na Oficina de Turismo. A saída encantoume.”
Kevin: “Na Praza Maior vimos unha estatua dos fundadores de Lugo e despois fomos o Vello Cárcere (aínda non abriran) e o Campo Castelo.”
José Luis: “ Estivemos na pastelería Madarro onde ocorreu o encontro con todos os ligues de Tintimán.”
Ulices: En fin, foi un bo paseo para complementar a lectura. Había lugares que non coñecía. Ao final tomamos un chocolate con churros. A experiencia foi xenial!”
Por Aurora

lunes, 15 de junio de 2015

O veleno da risa, de Jaureguizar

Non somos máis que o resultado do noso pasado. Jaureguizar sábeo ben e aí está, nas súas verbas “contando historias de sitios que non se coñecen”. De forma amena e sen grandes esforzos, tras ler o libro O veleno da risa, o alumnado do 1º ciclo fixo un animado percorrido polas rúas da súa cidade, non sempre ben coñecida por tod@s, tras as pistas dun ladrón con tantas ansias de cultura como de riquezas. 
O autor, ao noso entender, escribe cunha intención pedagóxica clara, algo que de ninguna maneira está reñido coa aventura e o misterio. É por iso que temos a certeza de que nos daría a súa aprobación ante a idea de profundizar no coñecemento dos monumentos máis importantes de Lugo que aparecen na súa obra, un marco insuperable, sen dúbida, para unha agradable historia.