A medio camiño entre o Día de Rosalía e o da Poesía – como non confundilas –quixemos poñer o noso gran de area dende o Xoán Montes lendo unha composición poética do escritor Miro Villar.
Moi cedo, trala lectura, chegamos a unha conclusión esencial: que se o poeta se atreveu, de xeito talentoso, a facer pensar e falar á Negra Sombra de Rosalía na súa obra A Pantasma da casa da Matanza, non iamos ser menos os das Estantigas en facerlle a réplica poñéndolle voz á autora que, aínda que desaparecida, tiña todo o dereito a dar a súa versión sobre aquel espectro que a rondaba.
En consecuencia, puxémonos mans á obra na sesión do Club de Lectura, pasamos a escoller os versos máis significativos da obra de Villar e intercalámolos cos de Rosalía, a modo de resposta, da maneira máis axustada que puidemos.
Mostramos a continuación o resultado, rogamos a benevolencia dos implicados e, deste xeito, sumámonos á homenaxe a Rosalía de Castro .
No hay comentarios:
Publicar un comentario