É un libro no que se recollen diversos poemas nos que o autor, Dino Lanti, é quen de plasmar, mediante un ton sarcástico-humorístico, diversos aspectos da vida cotiá. Chegando a facer unha crítica sutil de moitos deles. Ademáis, utiliza unha linguaxe moi sinxela que facilita a súa lectura.
En xeral, Cuentos Cruentos, foi un libro que gustou á maior parte do club de lectura. É un poemario divertido e rápido de ler (a maior parte de nós tardou como moito dúas horas en rematalo). Cunha incrible capacidade de disimular nos seus poemas, grazas ao ton satírico, o profundo significado que estes conteñen. Moitas das historias contadas deron moito que pensar.
Aquí tedes unha mostra:
''Apaga a ratos el móvil,
que conste que te he advertido,
pues cuando llama el amor
lo hace a cobro revertido.''
Se o que queres é pasar un bo rato e escachar ca risa, este é o teu libro. Atréveste a lelo?
Por Carlota, 4º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario