martes, 5 de junio de 2018

De Fábula, de Juan P. Heras

O libro co que rematamos o curso do club de lectura de terceiro da ESO foi este, de Juan Pablo Heras. 
 Este libro, que nos permitiu entrar en contacto co xénero do teatro, algo ao que non estamos acostumaos, estaba baseado nas fábulas de Esopo e por cada fábula de Esopo inventaban unha historia teatral relacionada dun instituto ou de persoas do mundo contemporáneo.
 En xeral , gustou moito, sobre todo ás persoas que se vían identificados en historias. Unha da que máis triunfou entre nós foi a da clase antes do exame na que aparecía o que pensaba cada un, en concreto, gustou moito o neno disléxico. Outras que tamén gustaron foron a da biblioteca e a de dous profesores nunha cafetería. 
 As principais sensacións deste libro foron positivas, xa que a moita xente lle pareceu moi interesante e divertido, mais houbo algunha persoa que lle pareceu moi aburridas a parte das fábulas de Esopo e que as suprimiría no libro. 
 Con el acábase o curso do club de lectura e repasando todos os libros que lemos, o que mais lle gustou á xente foi o da Cabeza da Medusa e o libro de poesía Consumir Preferentemente

Por Brais, 3º ESO



Este libro en xeral gustou moito, na reunión falouse de que o teatro non é un xénero moi lido polos rapaces da nosa idade, e que grazas a este clube puidémolo acceder a el.
 O libro, partindo das fábulas de Esopo, trata de varias escenas cotiás que se presentan a rapaces da nosa idade, como son os momentos previos a un exame, ou atoparte a rapaza que che gusta na biblioteca, todo isto levado ás fábulas cunha moralexa ao final, como di o propio autor "el teatro para niños y adolescentes está sobrecargado de paternalismo y pedagogía pelmaza (…)
De fábula quiere trasladar a la escena la realidad adolescente con la intención explícita de no enseñar lección alguna" É un libro moi entretido, que nos divertiu moito, moi doado de ler, e estou segura de que probablemente sentiraste identificado con moitas escenas que presenta Juan Pablo Heras, o autor deste libro.

Por Carmen, 4º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario