Nesta reunión do Club de Lectura “enfrontámonos” a tres álbumes ilustrados: Inseparables e Rula busca su lugar, ambos con ilustracións de María Girón e texto de Mar Pavon. E, o terceiro libro foi Juul, escrito por Gregie de Maeyer, e con ilustracións de Koen Vanmechelen.
Ao principio non entendíamos o porqué de ter que ler “libros infantís”, nós que xa vamos nos últimos niveis do instituto, porén, pronto nos demos conta da capacidade das imaxes para transmitir a narración, e sobre todo, até que punto a escaseza de texto non restaba nin un átomo de forza á historia.
Os tres álbumes ilustrados falan de aceptación. A nós mesmos, así vemos como Juul non é quen de cumplir as expectativas dos demais, e a visión que nos dá o autor deste feito terá un final dramático. En Inseparables, Clara, a protagonista, todo o contrario que Juul, dá unha lección de adaptación ás propias limitacións, fainos partícipes da súa felicidade. Pola súa banda, Rula consegue, coa forza das imaxes, dar a visión dos inmigrantes sobre unha nova cultura e de como son recibidos nos países aos que acoden buscando unha vida mellor, así como de aquelo que abandonaron e deixaron atrás.
Juul, un libro aparentemente infantil que sen embargo é capaz de reflictir tan duramente o tema do bullying, tan presente na adolescencia e os centros escolares.
Os tres álbumes suscitaron fondos debates, sobre eses temas, sobre como nos ven os demais, como xulgamos aos diferentes, o difícil que é encaixar. Sobre todo pareceunos moi duro o de Sara, 4º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario