domingo, 24 de junio de 2018
Nais
Os libros lidos durante este curso, no club de profesoras, teñen en comun varias cousas: o desacougo sempre producido en situaciones familiares, coa presenza/ausenza da nai e con os fillos como fío conductor e as relacións matrimoniais fracasadas.
O neno desexado por unha parella que non pode ter fillos nunha sociedade "distópica" - ou non- no "Cuento de la criada", o rapaz que se nega a comer porque teme ser devorado nun mundo de adultos en "Orfancia" ; a ausencia da nai e abandono dos seus tres fillos como telón de fondo nunha situación extrema en "Los perales tienen la flor blanca"; a nai que decide retomer a súa vida laboral e contrata a unha muller que toma as rendas da familia ata extremos insospeitados en "Canción dulce"; a muller que desexa ter unha filla e que tranforma a súa realidade vital para tratar de escapar dunha vida familiar que non lle satisface en "No, mamá, no" e eses dous irmáns que loitan pola súa supervivencia nun pozo simbólico no que foron arroxados pola súa nai, en "El niño que robó el caballo de Atila" e, por último, e como contrapunto a esa irrealidade, o fillo morto, vítima dun cancro , e os desvelos dos seus pais para poder saír adiante en "La hora violeta".
En suma, unha visión poliédrica das familias no mundo actual.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario