lunes, 18 de enero de 2016

La ciudad roja y rosa, de C. Frabetti


 É  un libro do autor italiano Carlo Frabetti. Este escritor, actualmente residente en España, é membro da Academia de Ciencias de Nova York, ademais de escritor e matemático. Publicou durante a súa carreira máis de trinta libros, destinados tanto a nenos e mozos como a adultos. Dous das súas novelas máis destacables son La magia más poderosa e Los jardines cifrados (novela anterior a esta, de estrutura e temática similar).

Foron escritos xa todos os versos posibles? Como poden minguar as cidades dunha muralla a medida que esta crece? Ten Alá un centésimo nome? Pódese considerar a lectura unha actividade degradante? Pode alguén abrazarse a si mesmo se a súa imaxe especular adquirise realidade corpórea? Estas só son algunhas das preguntas que se expoñen en cada un dos 43 capítulos deste libro, onde todos os temas tratados teñen que ver con ramas da ciencia ou datos interesantes de cultura xeral cuxas explicacións se expoñen de maneira sinxela, combinando literatura e ciencia e facendo que o lector se pare a reflexionar sobre os temas tratados.

Persoalmente gustoume moito este libro, podes aprender moitos datos e razoamentos novos, ademais de que os enigmas que nel se expoñen son bastante interesantes, o que fai que queiras seguir lendo o libro e non resulte pesado.
Por Alba L., 1º BAC

No hay comentarios:

Publicar un comentario