Esta vez no noso club de lectura lemos Juan o Ceniciento de Carles Alberola e Roberto Ángel García Prieto. Pertencente a un dos principais xéneros da literatura: o teatro.
Este libro narra o maior problema do noso protagonista, Juan, quen ama perdidamente a Helena. Coa que só fala a través do computador.
Para o noso club de lectura é unha historia onde os personaxes poden ser moi típicos ou superficiais, critica e esaxera a predilección por un dos irmáns por parte da nai e basea o seu esqueleto na tan coñecida «La Cenicienta».
É perfecto para aqueles que desexen penetrarse no mundo do teatro, xa que á parte de ser rápido de ler, é sinxelo e cómodo para adecuarse a este xénero.
Por Niulka (4º ESO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario