Na reunión de decembro comentamos a lectura proposta pola compañeira Yolanda, O bosque dos raposos aforcados, do autor finlandés Arto Paasilinna, que ninguén do grupo coñecíamos, nin obra nin autor, e que a todas nos gustou. Algunhas lémolo na súa tradución a galego e outras na versión en castelán que ten por título, El bosque de los zorros.
É unha obra doada de ler e, ademais, ten unha boa dose de humor e bastante sarcasmo. É un autor que disfraza coa risa, co humor, unha visión pesimista da sociedade ou quere facer ver que aínda os máis malos teñen corazón? Fixéronse ambas interpretacións.
No que todas coincidimos é que un personaxe como a anciá que fuxe dos que queren encerrala nun xeriátrico só é posible como personaxe literario e todas coincidimos en que o autor posiblemente quere denunciar a situación que viven moitos anciáns, sos ou non, que aínda sendo totalmente autónomos, e tendo aínda moito que aportar, se ven recluídos nunha residencia de anciáns.
A todas nos pareceu moi recomendable, tanto a obra como o autor, que se deu a coñecer en España logo da primeira tradución dunha obra súa, El año de la liebre, tamén traducida ao galego, O ano da lebre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario