martes, 15 de enero de 2019

14, de J. Echenoz

    Comezamos esta historia montando en bicicleta un sábado de verano de 1914.  O día pinta nubrado e con vento. Lonxe vese a silenciosa e calmada vila na que se poden vislumbrar algúns destellos de luz rebotando coas cubertas metálicas das casas.
    Non sabemos ainda o que nos espera. Pero como nos, tampoco saben nada os miles de xóvenes que sen pensalo demasiado estanse a alistar na guerra ese mesmo día.
14 conta a historia da incursión de Anthime, Charles, Padioleau, Bosses e Arcenel na Primeira Guerra Mundial. Cada un a vive ao seu xeito pero ninguén a disfruta, como tampouco non o fan os que a viven desde fora.
    O inicio marcarano as campás, as longas camiñadas, as novedosas metralletas e o uso de gases, e o final... O final rematará como xa nos ten acostumados este tipo de situacións; morte, masacre e destrución.
   Dende este clube histórico-literario do IES Xoán Montes queremos recomendar a todo o mundo esta lectura non só pola súa calidade técnica senón tamén pola reflexión que se pode extraer dela. Ademais, en xeral gustounos moito o estilo deste autor así como a atmósfera realista que presenta nesta historia; incluso houbo xente que contou algunhas anécdotas relacionadas coa guerra que viviron algún dos seus familiares. Segundo a nosa visión non hai nada tan estúpido como a guerra.
Por Enrique, 1º BAC


No hay comentarios:

Publicar un comentario