Para rematar o trimestre, limos un libro que nos remonta a unha
realidade lonxana: África. Un continente moi descoñecido para a maioría
do alumnado.
A través das peripecias de Xiao, o protagonista, achegámonos á historia de Ruanda, á súa espléndida xeografía, aos hetereoxéneos habitantes deste país tan atractivo, ás súas culturas e linguas... Da man de Dian Fossey, famosa investigadora da vida dos gorilas de montaña, coñecemos os perigos e as crueldades que padecen estes animais por parte dos cazadores furtivos e os intereses que moven o mercado negro.
É unha historia de descubrimiento, un rapaz de 16 anos atopa "na cerna da selva", o medo, a morte, a maldade e tamén o verdadeiro significado da amizade.
Que mellor película par acompañar esta breve pero inquietante novela que Gorilas en la niebla.
Con literatura, cine e un pouco de turrón rematamos esta primeira parte do curso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario