Difícil elección a desta obra en banda deseñada para os benxamíns de As
Estantigas, en primeiro lugar porque a idea xurde dun poema de Rosalía –
e xa sabemos o que ocorre coa poesía, que ninguén a entende porque nos
falta cultura lectora e nos sobran pantallas coas que alelarnos- e
segundo, porque a rapazada tamén ten problemas coa linguaxe visual.
Non podía ser menos no noso Centro: o álbum ilustrado, pese a
presentar unha historia chea de misterio e fantasía, resulta un tanto
espesa e impenetrable, o que conduce aos cativos á desorientación.
Porén, tras unha lectura detallada, acabaron identificando a mensaxe que
contiña no seu interior: o mundo real está cheo de perigos e
incitacións para os adolescentes. Non foi ata entón que ese encanto do
título se lles amosou claro e diáfano, forzándoos a buscar unha solución
asequible a todos: evitar as posibilidades de risco na medida do
posible e compartir os medos cos demais.
En canto ao aspecto formal tamén fixo falta unha
introducción minuciosa para poder descubrir no texto e nas imaxes todos
os detalles que a eles se lles escapan, empezando polas lendas de mouros
e tesouros agochados nos versos rosalianos, e rematando pola
importancia que no cómic teñen a forma das viñetas e bocadillos, os
iconos, a xestualidade, a secuenciación, os encuadres e a cor. E
resultou curioso que fose esta última á que eles deron maior
importancia, pois nesta obra a cor é un elemento fundamental da
narración, cáseque unha personaxe máis.
Así naceu a idea de elaborar unha teoría completa sobre o
uso das distintas tonalidades por parte do ilustrador do álbum e o seu
significado ao longo da historia. Eis o noso traballo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario