Necesítanse uns alicerces para construír un edificio, iso non ten réplica. Da mesma maneira, na literatura de terror (ou do seu irmán pequeño, o medo) para que xorda ese latigazo helado que percorre o noso espinazo, compre recorrer aos vellos relatos nos que aparecen todos os recursos do xénero sen os que indefectiblemente nunca veríamos emoción algunha.
A obra de Ricardo Gómez está chea de todos eses recursos, o autor bota man da maioría dos medos atávicos da humanidade:
medo ao que se sae da norma, horror ao monstro no que te podes converter, querendo ou sen querer, obrigado por alguén, ou peor, por algo descoñecido e alleo a ti, desconfianza ante os teus, pánico ás institucións encubertas, pavor ás casas poseídas...
Con todo, ás veces, como nesta obra e para a nosa sorpresa, o protagonista pasa por unha serie de etapas que prefiguran a súa transformación: do terror pasa ao desconcerto, do desconcerto á indignación, da indignación á aceptación. Como nos pasos dunha enfermidade grave. Iso si, a aceptación non é gratuíta, obrigada, senón case desexada ao final, pois se a esperanza de mellora, de progreso físico e mental supera calquera expectativa e non te convirte nunha aberración para os demais, é dicir, se ninguén é capaz de ver a simple vista a túa mutación, despreciarías a túa nova realidade? Estarías disposto a perder para ganar? Responde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario