Esta semana no club de lectura tivemos a marabillosa oportunidade de ler unha das novelas máis incribles do século XX: Matar a un Reiseñor, de Harper Lee. En xeral a todos gustounos este libro debido a que se critican posturas como o racismo ou a inxustiza.
No libro, Atticus Finch é un avogado que vive nunha pequena cidade do Alabama dos anos 30. É viúvo e pai de dous nenos pequenos. A pesar do ambiente racista que se respira no pobo, Atticus decide defender a un mozo negro da acusación de violar a unha muller branca. Simultaneamente a esta historia, os fillos de Atticus (a pequena Scout, narradora da historia, e o seu irmán Jem) investigan ao seu modo sobre o seu misterioso veciño Boo Radley un mozo enfermo mental que viviu encerrado durante anos e ao que ninguén viu desde que era pequeno. Todo o que rodea a Boo está cuberto por unha aureola de misterio. A todo isto Atticus vai ensinando á pequena a non xulgar á xente polas aparencias e a tratar a todas as persoas sen prexuízos.
A figura de Atticus Finch é o arquetipo de home xusto e coherente, e de bo pai, que sempre fai o que considera que é o seu deber, a pesar das dificultades. No libro que lemos, entrevese que co tempo Scout soubo descubrir o gran home que foi o seu pai, e ao que quizais (por ser unha nena aínda) non sabía valorar entón. Non esquezamos que esta novela presenta resgos autobiográficos da autora.
No club, a historia fascinounos a case todos, sobre todo polo papel do protagonismo, ao ser capaz de “ir en contra corrente” nunha sociedade machista, desigualitaria e opresora como era a dos estados sureños dos EEUU da época.
Por Daniel Rguez, 1º BAC
No hay comentarios:
Publicar un comentario