A sombra cazadora de Suso de Toro é unha novela para adolescentes que teñen preguntas e están buscando respostas. Veñen sendo criaturas mergulladas nun mundo onde as pantallas teñen un gran poder de atracción e un espazo onde atopalas para sentir que son aceptados e á vez catalogados polos demais. Partindo desta realidade, o autor da novela, Suso de Toro, recrea un lugar onde o mito e o sobrenatural mestúranse coa ciencia ficción. As pantallas están presentes nesa Imaxe, metáfora do control que recorda ao Gran Irmán da novela
1984 e que, coma Fausto, prefire o poder e o éxito renunciando á virtude.
Un pai que desexa salvar aos seus fillos produce un monstro que toma consciencia de si mesmo, a Imaxe, e convértese nunha ameaza tras dedicarse a espiar o mundo real. Os dous fillos adolescentes levarán sobre os seus ombros o peso da narración, nunha estrutura poliédrica que aporta distintos punto de vista, iso si, ás veces de xeito caótico.
En definitiva, unha alarma contra os perigos da Tecnoloxía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario