Hai historias reais que superan a ficción, sucesos que ocorren unha vez cada mil anos, logros que están por riba da xente común.
Se se entabla unha conversa nestes termos, e todos temos que facer reconto (nunca mellor dito), aparecerán no noso maxín retratos de aventureiros e de heroínas, imaxes de batallas gañadas ou arrebatadas e conquistas persoais ou comúns, engrandecidos todos eles polo paso do tempo.
Pero quen se imaxinaría que uns pequenos abandoados, cheos de necesidade, algún deles mesmo sen nome - non hai maior oprobio para un ser humano -, puidesen ser os protagonistas dunha das maiores fazañas da humanidade? Iso si, a maior gloria da súa Maxestade, Carlos IV, que os reclutou nos hospicios galegos para transportar nos seus maltratados corpos a vacina da variola nunha época na que non había sistemas de refrixeración.
A Coroa española ofreceulles a eses nenos unha vida mellor por unha travesía que foi un inferno e unha viaxe polo continente americano que significou a morte para moitos deles. Ademais, dos que lograron salvarse, moitos regresaron a unha vida de miseria en orfanatos inmundos.
Crédito: https://bit.ly/2HzUXSh |
As vacinas seguen a salvar a vida de millóns de persoas no mundo, e con todo, recórdovos que o monumento a eses 22 heroes
que se atopaba no dique de onde partiu en 1803 aquel barco en O Parrote, A Coruña, acaba de ser desplazado por unha escultura de catro metros da Virxe do Carme. Cousas veredes, Sancho amigo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario