É unha novela gráfica de Miguel&Godart, que está adaptada a novela de Joseph Conrad. Iste exemplar, é unha das grandes obras do século XX e narra a través de ilustracións, a historia do valente Charles Marlow, que emprende unha viaxe dende Londres até o corazón das escuras augas do río Congo (África), para o salvamento e búsqueda do comerciante e colonizador máis importante de marfil, o señor Kurtz, que cae enfermo e desorientase; ademais, publica un escrito onde explica como ‘’civilizar’’ os africanos, onde se atopan comentarios racistas sobre a eliminación das persoas do continente africano.
Miguel&Godart, mediante ista novela gráfica fan unha forte crítica sobre a crueldade dos colonos hacia os nativos e do imperialismo occidental.
A reunión e comentario desta novela gráfica realizouse o 24 de febreiro de 2021, e en xeral, gustounos a todas as participantes do Club de Lectura.
Por Patricia , 4º ESO
No hay comentarios:
Publicar un comentario