Que pasa cando o verdadeiro tesouro non refulxe nin tintinea? Cando, a pesares de que ninguén lle daría valor por si mesmo, con todo, só o feito de conseguilo, abriría portas e conlevaría seguridade e poder?
A un fato de piratas, evidentemente, nunca se lles pasaría pola cabeza, porque os piratas, queridos lectores, non saben ler. E se os da nosa historia queren aprender, será únicamente para atopar pistas nun libro que os levará ata un tesouro codiciado. Se non, para que quererían saber ler, se son uns desalmados, uns ladróns e asesinos despiadados, sen familia, sen fogar, sen amigos nin patria?
Pois mesmo iso tamén depende de como o mires, dado que no libro de Llanos Campos non podemos deixar de querer a eses corsarios que rompen cos estereotipos; porque neste relato hai amizade e amparo, respeto e reconciliación, honor e bravura.
Moito nos rimos coas idas e vidas dos piratas en busca de fortuna, cos seus receos e desafíos, co descubrimento do libro que volteará o seu mundo, porque non só coñecerán a maxia de saber ler - (a escena do primeiro letreiro que len na cidade é antolóxica, cando o capitán di: “¡es una posada! ¡Antes no estaba aquí, pero ahora es una po-sa-da” ) - senón tamén o valor do esforzo, a solidariedade e o traballo en equipo (aínda que sexa desternillante ver a adultos facendo cola e pelexando por ser os primeiros en aprender).
Ah, os libros dentro dos libros! velaquí outra historia con dúas historias, unha que se narra e se vai desfiando no tempo real, e outra oculta nun libro que pode conducir aos protagonistas ata o tesouro, un misterio tan preto deles e tan lonxe á vez…ata que as letras deixan de ser un enigma para todos. Algo máxico, único, indescriptible, esa entrada a un novo mundo que estaba vedado para ti. Eles rían e choraban, non é de extrañar.
Gustounos moito este libro de piratas inmerso nun mundo sempre atractivo para os nosos pequenos lectores por estar cheo de aventuras e paisaxes exóticas. Ademais, O tesouro de Barracuda tamén é un relato de iniciación como A illa do tesouro de Stevenson, no que un neno se fai maior nun mundo hostil rodeado de perigos. Por iso non dubidamos asimesmo en recomendar a lectura do clásico aos membros do noso club de lectura.
E aquí vai unha entrevista coa autora na que se
fala deste libro
No hay comentarios:
Publicar un comentario