En
Exogamia 0.3, Ramón Caride, un profesor de bioloxía, narra en seis breves
relatos un futuro marcado polo triunfo do neoliberalismo e, como consecuencia,
polas desigualdades económicas e sociais, afondadas co desenvolvemento da
biotecnoloxía, así como polo afán de poder e o consumismo máis esaxerado. Esa
sociedade futura presenta un mundo arrasado que, para pervivir, debeu
evolucionar moi rapidamente recorrendo á biotecnoloxía, pero tamén a un
incremento dos desequilibrios entre ricos e pobres.
Cando
nos reunimos no club de lectura dos maiores para falar deste libro a discusión
pronto derivou cara os conflitos éticos que podían extraerse da lectura. Os
rapaces criticaron sobre todo, amosando unha gran capacidade de análise, o
feito de que puidese existir unha pastilla para esquecer os recordos máis
dolorosos, para eles iso modificaría quen ti eras, xa que, pensaban, tódalas
túas vivencias conforman a personalidade e por iso non entendían que alguén
quixese “resetear” á súa memoria.
Na reunión relacionamos un dos relatos do libro coa
película, de 2005, La Isla,
protagonizada entre outros por Ewan McGregor e Scarlett Johansson. Se non a
vistes e queredes saber dela premede no enlace para poder ver un resumo do
argumento. Se non a vistes e queredes saber dela, premede no enlace para poder ver un resumo do argumento.
E se queredes saber algo máis sobre o futuro da biotecnoloxía podedes visualizar este brevísimo
video:
No hay comentarios:
Publicar un comentario